Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Tortellà é un concello da comarca da Garrotxa que se atopa na Alta Garrotxa, nas Comarques Gironines. É o décimo terceiro concello máis habitado da comarca con 771 habitantes (2010) e unha área de 11,07 km².[1] A vila está a 276 metros por riba do nivel do mar e a 18 quilómetros de Olot, 31 de Figueres e 38 de Xirona. O termo municipal delimita, comezando polo norte e seguindo o senso das agullas do reloxo, con Sales de Llierca, Argelaguer e Montagut i Oix.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Xirona | ||||
Comarca | Garrotxa | ||||
Capital | Tortellà (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 822 (2023) (74,05 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 29 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 11,1 km² | ||||
Bañado por | Llierca (en) | ||||
Altitude | 276 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Asunción de María | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Josep Reig i Canals (pt) (2019–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 17853 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 17200 | ||||
Código territorial IDESCAT | 172001 | ||||
Sitio web | tortella.cat |
A parte máis setentrional do termo municipal pertence ó PEIN da Alta Garrotxa, e está a tres quilómetros dos grandes eixos viarios da comarca, que conectan Olot con Xirona. A industria é o sector máis importante da poboación, seguido dos servizos e do sector agrícola.[2] Xunto coas poboacións limítrofes e Sant Jaume de Llierca forman unha agrupación administrativa local chamada Vall del Llierca. Estas poboacións comparten asuntos de mobilidade, de servizos, relixiosos e educativos (ZER El Llierca).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.