From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha torta de queixo[1] (cheescake en inglés) é un doce elaborado principalmente con queixo fresco ou cremoso que, dependendo do seu proceso de elaboración, admite diversos ingredientes. Aínda que a receta estendida hoxe en día é de orixe estadounidense, ten a súa orixe na prehistoria. É unha sobremesa común nos fogares e restaurantes galegos.
Torta de queixo | |
Torta de queixo ao forno con framboesas, amorodo e arandos. | |
Tipo | Doce |
Ingredientes | |
Orixe animal | Queixo fresco Leite Ovo |
Orixe vexetal | Fariña Azucre |
Basicamente é unha torta que se toma coma sobremesa de textura lixeira e feita con queixo fresco, leite, azucre, ovos e fariña. Todos estes ingredientes mestúranse, colócanse sobre unha base de galleta moída e se enforna durante, aproximadamente, 45 minutos para a cocer. Poden tamén engadirse algúns saborizantes (vainilla ou chocolate) e bagas. Tamén existen receitas frescas que no se meten no forno, consistentes en facer unha crema abrancazada co queixo, o azucre e xelatina que se deita na base de galleta e se mete no frío, cubríndose despois cunha tona de marmelada de froitos do bosque (amorodos, amoras, arandos, framboesas...).
Existen diferentes derivados co sabor da torta, coma iogur€s, xeados, brownies e galletas.
Unha antiga forma da torta de queixo podería ter sido un prato moi popular na Antiga Grecia, incluso antes da adopción romana do prato coa conquista de Grecia.[2] A mención escrita máis temperá dunha torta de queixo é a dun médico grego Aegimus, que escribiu un libro sobre a arte de facer queixo (πλακουντοποιικόν σύγγραμμα—plakountopoiikon suggramma).[3][4]Catón o Vello, no seu manual De Agri Cultura (tamén chamado de De Re Rustica) inclúe receitas de tres tortas para usos relixiosos: libum, savillum e placenta.[5][6] Das tres, placenta é máis semellante á maioría das tortas de queixo modernas, cunha codia que se prepara e se coce por separado.[7] Cómpre sinalar que malia que estas primeiras formas recibiron o nome de "tortas de queixo", diferían moito en sabor e consistencia da contemporánea.
A torta de queixo deuse a coñecer a través do tempo, xa que formaron parte do menú que degustaron (pastel proteico a base de queixo); dos atletas que participaron nos primeiros xogos olímpicos da historia, que tiveron lugar no ano 776 antes de Cristo. A exquisita torta espallouse a través de Europa despois de que os romanos conquistaron Grecia.
Porén, a fabricación de queixo remóntase até o 2000 a. C, os antropólogos atoparon moldes de queixo que datan dese período. Mentres o imperio avanzaba sobre os distintos países, os colonizadores ían descubrindo que a elaboración do queixo era algo común a todos os pobos, e incorporaban novas técnicas culinarias que aplicaban para recrear a torta de queixo enriquecéndoa con diferentes combinacións.
Integrado definitivamente o patrimonio gastronómico europeo, esta sobremesa cruzou o atlántico co fluxo de inmigrantes que chegaron aos Estados Unidos na procura de mellores condicións de vida. En 1872 un queixeiro norteamericano ao intentar copiar o neufchâtel, un queixo de orixe francesa, terminou creando un queixo cremoso que co tempo daría lugar ao nacemento do famoso queixo philadelphia, co que se fabrica a torta.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.