![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/09/Women%2527s_tournament%252C_2014_Winter_Olympics%252C_Gold_medal_team_Canada.jpg/640px-Women%2527s_tournament%252C_2014_Winter_Olympics%252C_Gold_medal_team_Canada.jpg&w=640&q=50)
Torneo feminino de hóckey sobre xeo dos Xogos Olímpicos de Inverno 2014
From Wikipedia, the free encyclopedia
O torneo feminino de hóckey sobre xeo nos Xogos Olímpicos de Sochi 2014 celebrouse na cidade de Sochi (Rusia). A competición comezou o 8 de febreiro de 2014 e finalizou o 20 de febreiro coa disputa da final. Ao final do campionato, a selección do Canadá fíxose co ouro despois de derrotar na final ao combinado estadounidense por 3 goles a 2, conseguindo deste xeito o seu cuarto ouro consecutivo no torneo olímpico feminino de hóckey sobre xeo dende a súa inclusión en Nagano 1998; por outra banda, a selección suíza conseguiu o bronce logo de vencer na final de consolación ao equipo sueco por 4 goles a 3.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/09/Women%27s_tournament%2C_2014_Winter_Olympics%2C_Gold_medal_team_Canada.jpg/640px-Women%27s_tournament%2C_2014_Winter_Olympics%2C_Gold_medal_team_Canada.jpg)