As competicións de hóckey sobre xeo dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 foi disputado en dúas sedes localizadas a 300 metros entre si no Parque Olímpico da cidade rusa de Sochi: o Bolshoy Ice Dome e o Shayba Arena. Por quinta vez na historia disputouse esta modalidade en categoría masculina e feminina, competindo doce equipos na primeira e oito na segunda. A fase preliminar comezou o día 8 de febreiro de 2014, e o torneo masculino rematou o 23 de febreiro, mentres que o feminino o fixo o 20.
Ao finalizar as dúas competicións, Canadá conseguiu o ouro nas dúas categorías logo de derrotar na final masculina a Suecia (3-0) e na feminina aos Estados Unidos (3-2 na prórroga), repetindo deste xeito o éxito acadado en Vancouver. Ademais a delegación canadense finalizou o torneo imbatida logo de gañar todos os partidos das dúas categorías.
Sedes
O torneo olímpico de hóckey sobre xeo de Sochi 2014 celebrouse en dúas sedes localizadas a 300 metros entre si no Parque Olímpico de Sochi: o Pazo de Xeo de Bolshoy, con capacidade para 12.000 espectadores e inaugurado en 2012, que ten forma de ovo de Fabergé;[1] e o Arena Shayba, un pavillón inaugurado en 2013 e con capacidade para 7.000 espectadores, que é unha estrutura móbil que será empregada noutra cidade rusa despois dos Xogos Olímpicos.[2] Os dous estadios xa foran sede do Campionato do Mundo U18 celebrado na cidade rusa en 2013.[3]
As dúas sedes teñen tamaño internacional (60 x 30 metros), en oposición ao tamaño norteamericano empregado nos Vancouver.[4]
Torneo masculino
- Artigo principal: Torneo masculino de hóckey sobre xeo dos Xogos Olímpicos de Inverno 2014.
O torneo contará con 12 países participantes, 9 clasificáronse pola Clasificación Mundial da IIHF, e 3 clasificáronse logo dun torneo clasificatorio.[4] O formato será igual que en 2010, haberá tres grupos de catro equipos, con catro roldas de partidos eliminatorios. O gañador de cada equipo e o mellor segundo serán cabezas de serie, mentres que o resto de equipos xogarán unha eliminatoria para decidir qué catro equipos xogarán os cuartos de final.[5] A NHL acordou permitirlle aos seus xogadores participar no torneo.
Cualificación
A cualificación para o torneo masculino foi determinada pola Clasificación Mundial da IIHF despois do Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 2012. Os nove mellores equipos da Clasificación Mundial clasificáronse automaticamente para os Xogos Olímpicos, mentres que o resto de seleccións tiveron a posibilidade de clasificar para os outros tres postos dos Xogos Olímpicos. Logo do torneo de cualificación, Eslovenia, Austria e Letonia sumáronse aos nove equipos xa clasificados.[4][6].
Participantes
Participarán doce equipos divididos en tres grupos.
Grupo A | Grupo B | Grupo C |
---|---|---|
|
Xogadores
Ao final do torneo, Canadá só concedera tres goles e Carey Price foi nomeado o mellor porteiro da competición. Por outra banda, o sueco Erik Karlsson foi designado mellor defensor, e o estadounidense Phil Kessel foi o máximo goleador e o mellor atacante con 5 goles e 8 puntos (os mesmos que Karlsson).[7]
Teemu Selanne, aos 43 anos e 234 días, converteuse no xogador de hóckey sobre xeo máis vello en gañar unha medalla olímpica, ao formar parte do equipo finlandés masculino que conseguiu o bronce. Selanne posúe tamén o récord olímpico de puntos totais de hóckey sobre xeo con 43.[8] De mesmo xeito, comparte o récord de máis participacións no torneo de hóckey sobre xeo olímpico con seis participacións en 2014.[9]
Non control antidopaxe nos Xogos Olímpicos, o xogador sueco Nicklas Bäckström dou positivo por pseudoefedrina no primeiro control e foi imposibilitado para xogar na final entre Suecia e o Canadá. O segundo control, analizado con posterioridade á final, tamén mostrou valores por riba do límite permitido.
Torneo feminino
- Artigo principal: Torneo feminino de hóckey sobre xeo dos Xogos Olímpicos de Inverno 2014.
O torneo feminino tivo lugar entre os días 8 e 17 de febreiro. Participaron oito seleccións nun novo formano no cal os catro países mellor clasificados competirán no grupo A e o resto no B. Os dous peores clasificados do grupo A xogaron contra os dous mellores equipos do grupo B nos cuartos de final, e os equipos que gañaron xogaron contra o primeiro ou segundo clasificados do grupo A (clasificados directamente para as semifinais).[10]
Cualificación
A cualificación para o torneo feminino dos Xogos Olímpicos de 2014 determinouse mediante a Clasificación Mundial da IIHF despois do Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo feminino de 2012. Os cinco mellores equipos clasificáronse automaticamente para os Xogos Olímpicos, Rusia clasificouse automaticamente como organizador, e o resto de equipos tiveron a posibilidade de clasificar para os outros dous postos nos Xogos Olímpicos. Logo do torneo de cualificación, Alemaña e o Xapón sumáronse aos seis equipos xa clasificados.[4][11]
Participantes
Participarán oito equipos divididos en dous grupos.
Xogadoras
A nivel individual, a xogadora suíza Florence Schelling, foi nomeada a mellor porteira e a MVP do torneo. Por outra banda, as xogadoras finlandesas Jenni Hiirikoski e Michelle Karvinen foron designadas respectivamente mellor defensora e mellor atacante, Karvinen foi tamén a máxima goleadora do torneo.[12].
Medallas
Medalleiro
Posición | Equipo | Ouro | Prata | Bronce | Total |
---|---|---|---|---|---|
1 | Canadá | 2 | 0 | 0 | 2 |
2 | Suecia | 0 | 1 | 0 | 1 |
Estados Unidos | 0 | 1 | 0 | 1 | |
3 | Finlandia | 0 | 0 | 1 | 1 |
Suíza | 0 | 0 | 1 | 1 | |
Total | 2 | 2 | 2 | 6 |
Medallistas
Evento | Ouro | Prata | Bronce |
---|---|---|---|
Masculino detalles |
Canadá Jamie Benn Patrice Bergeron Jay Bouwmeester Jeff Carter Sidney Crosby Drew Doughty Matt Duchene Ryan Getzlaf Dan Hamhuis Duncan Keith Chris Kunitz Roberto Luongo Patrick Marleau Rick Nash Corey Perry Alex Pietrangelo Carey Price Patrick Sharp Mike Smith Martin St. Louis P. K. Subban John Tavares Jonathan Toews Marc-Édouard Vlasic Shea Weber |
Suecia Daniel Alfredsson Nicklas Bäckström Patrik Berglund Alexander Edler Oliver Ekman-Larsson Jhonas Enroth Jimmie Ericsson Jonathan Ericsson Loui Eriksson Jonas Gustavsson Carl Hagelin Niklas Hjalmarsson Marcus Johansson Erik Karlsson Niklas Kronwall Marcus Krüger Gabriel Landeskog Henrik Lundqvist Gustav Nyquist Johnny Oduya Daniel Sedin Jakob Silfverberg Alexander Steen Henrik Tallinder Henrik Zetterberg |
Finlandia Juhamatti Aaltonen Aleksander Barkov Mikael Granlund Juuso Hietanen Jarkko Immonen Jussi Jokinen Olli Jokinen Leo Komarov Sami Lepistö Petri Kontiola Lauri Korpikoski Lasse Kukkonen Jori Lehterä Kari Lehtonen Olli Määttä Antti Niemi Antti Pihlström Tuukka Rask Tuomo Ruutu Sakari Salminen Sami Salo Teemu Selänne Kimmo Timonen Ossi Väänänen Sami Vatanen |
Feminino detalles |
Canadá Meghan Agosta-Marciano Gillian Apps Mélodie Daoust Laura Fortino Jayna Hefford Haley Irwin Brianne Jenner Rebecca Johnston Charline Labonté Geneviève Lacasse Jocelyne Larocque Meaghan Mikkelson-Reid Caroline Ouellette Marie-Philip Poulin Lauriane Rougeau Natalie Spooner Shannon Szabados Jenn Wakefield Catherine Ward Tara Watchorn Hayley Wickenheiser |
Estados Unidos Kacey Bellamy Megan Bozek Alexandra Carpenter Julie Chu Kendall Coyne Brianna Decker Meghan Duggan Lyndsey Fry Amanda Kessel Hilary Knight Jocelyne Lamoureux Monique Lamoureux-Kolls Gisele Marvin Brianne McLaughlin Michelle Picard Josephine Pucci Molly Schaus Anne Schleper Kelli Stack Lee Stecklein Jessie Vetter |
Suíza Janine Alder Livia Altmann Sophie Anthamatten Laura Benz Sara Benz Nicole Bullo Romy Eggimann Sarah Forster Angela Frautschi Jessica Lutz Julia Marty Stefany Marty Alina Müller Katrin Nabholz Evelina Raselli Florence Schelling Lara Stalder Phoebe Stanz Anja Stiefel Nina Waidacher |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.