![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/33/Tonalite.png/640px-Tonalite.png&w=640&q=50)
Tonalita
From Wikipedia, the free encyclopedia
A tonalita é unha rocha ígnea plutónica composta de cuarzo e plaxioclasio, horneblenda e biotita. É unha rocha félsica fanerítica da serie ígnea subalcalina e ten un gran de intermedio a groso. Tamén contén ortoclasio mais en cantidades menores. Foi descrita por primeira vez no monte Adamello nos Alpes italianos e o seu nome deriva da poboación de Tonale, próxima ao sitio da súa primeira descrición. O plaxioclasio pode chegar a compoñer máis da metade da rocha.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/33/Tonalite.png/640px-Tonalite.png)
Unha variedade de tonalita é a trondhjemita que se caracteriza por non ter horneblenda, denominada así pola cidade norueguesa de Trondheim.[1]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6a/QAPF_plutoniche_italiano.png/320px-QAPF_plutoniche_italiano.png)