![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/24/Tirso_de_molina.jpg/640px-Tirso_de_molina.jpg&w=640&q=50)
Tirso de Molina
escritor español / From Wikipedia, the free encyclopedia
Frei Gabriel José López y Téllez, nado en Madrid o 24 de marzo de 1579 e finado en Almazán contra o 20 de febreiro de 1648, foi un relixioso mercedario español coñecido como Tirso de Molina, que destacou como dramaturgo, poeta e narrador.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Gabriel José López y Telléz ![]() 24 de marzo de 1579 (<29 de marzo de 1579) ![]() Madrid (Coroa de Castela) ![]() |
Morte | c. 20 de febreiro de 1649 ![]() Almazán (Coroa de Castela) ![]() |
Lugar de sepultura | Almazán ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Relixión | Catolicismo ![]() |
Educación | Universidade de Alcalá ![]() |
Actividade | |
Ocupación | dramaturgo , escritor , poeta , historiador ![]() |
Xénero artístico | Poesía, teatro e Comedia ![]() |
Movemento | Literatura barroca (pt) ![]() ![]() |
Pseudónimo literario | Tirso de Molina ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Orde relixiosa | Orde da Mercé ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Tirso de Molina destacou sobre todo como autor dramático. A súa dramaturxia abrangue principalmente a comedia de enredo, como Don Gil de las calzas verdes, e obras haxiográficas como a triloxía de La Santa Juana ou La dama del olivar. Atribúeselle a creación do mito de Don Juan en El burlador de Sevilla, cuxa primeira versión puido ser de 1617, xunto coa obra Tan largo me lo fiais, editada no século XVII a nome de Calderón e que parte da crítica atribúe a Andrés de Claramonte (outro sector da crítica considérana unha versión emparentada cun arquetipo común escrito por Tirso entre 1612 e 1625).[1] Tirso foi o primeiro autor que deu fondura psicolóxica ás personaxes femininas, que chegaron a ser protagonistas das súas obras literarias.