![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8b/Le_petit_vingti%25C3%25A8me_15_mai_1930.jpg/640px-Le_petit_vingti%25C3%25A8me_15_mai_1930.jpg&w=640&q=50)
Tintin au pays des Soviets
volume de banda deseñada das aventuras de Tintín / From Wikipedia, the free encyclopedia
Tintin au pays des Soviets (traducible como Tintín no país dos soviets) é o primeiro dos álbums de as aventuras de Tintín escritos e ilustrados polo artista belga Hergé. É o única das aventuras que noi foi traducida ao galego por Valentín Arias e publicada pola Editorial Juventud.
Tintín no país dos Soviets | |
---|---|
![]() | |
Título orixinal | Tintin au pays des Soviets |
Autor/a | Hergé |
Orixe | ![]() |
Lingua | Francés |
Colección | As aventuras de Tintín |
Xénero(s) | Aventuras |
Editorial | Casterman |
Data de pub. | Seriado: 10 de xaneiro de 1929-8 de maio de 1930 |
Formato | Seriado: Le Petit Vingtième, posteriormente compilado en álbum |
ISBN | ISBN |
Seguido por | Tintín no Congo |
[ editar datos en Wikidata ] |
O contido deste álbum publicouse orixinalmente entre o 10 de xaneiro de 1929 e o 8 de maio de 1930 en Le Petit Vingtième, o suplemento xuvenil do diario católico belga Le Vingtième Siècle, a un ritmo dunhas dúas páxinas por semana. Posteriormente publicáronse 10.000 exemplares (os primeiros 500 numerados) en 1930. Algúns dos orixinais numerados vendéronse a prezos tan elevados como 24.500 €. En 1969 publicouse outra serie de 500 exemplares numerados reservados ás amizades do autor. O primeiro volume dos Arquivos Hergé publicouse en 1973 contendo a obra Tintin au Pays des Soviets cunha páxina adicional con respecto ao orixinal. O álbum reeditouse en 1981 en facsímiles idénticos ao orixinal e en 1999 nunha edición similar ao resto dos álbums publicados con motivo do 70 aniversario de Tintín.
É a única de todas as bandas deseñadas de Tintín non adaptado posteriormente en cor (exceptuando Tintín e a Arte-Alfa dado que non chegou a ser terminado).