Tinta chinesa

From Wikipedia, the free encyclopedia

Tinta chinesa

A tinta chinesa é unha tinta de invención chinesa empregada principalmente na caligrafía chinesa e xaponesa, así como na pintura chinesa e xaponesa sumi-e.

Caligrafía chinesa

Componse de carbón vexetal ou tisne moi finamente moído, que se apelmaza e compacta con algún tipo de pegamento con base acuosa, como resinas vexetais ou algúns extractos animais. Co carbón moído e o pegamento fórmanse unhas barras pequenas con forma de lingote que se prensan e déixanse secar até alcanzar unha consistencia totalmente sólida. Esta tinta en estado sólido pode durar anos ou séculos sen perder as súas propiedades.

A calidade da tinta depende de moitos factores, como a madeira da que provén o carbón, o proceso de prensado, o pegamento empregado, o tempo que ten etc. e existen dende barras moi baratas até pezas de coleccionista.

A tinta adoita ser negra, aínda que tamén pode mesturarse con colorantes para conseguir tintas doutras cores.

Para preparar tinta líquida a partir destas barras hai que fregalas nunha pedra rugosa especialmente deseñada para tal efecto chamada en xaponés (すずり suzuri?) . Estas pedras, de diversas formas e aspectos, teñen todas en común que están compostas dun material rugoso e teñen unha cavidade. Xeralmente, as pedras de orixe chinesa teñen forma cóncava coa parte máis baixa no centro, e as xaponesas adoitan ser maiormente planas cun dos extremos cara a abaixo.

Sobre estas pedras vértese un pouco de auga e sobre elas fregase a barra, de xeito que sempre estea húmida. O continuo fregue sobre a pedra coa auga vai desfacendo aos poucos a tinta, que se vai quedando disolta na auga que se acumula na cavidade. Este proceso pode continuarse ata que a tinta adquira a densidade requirida, pero xeralmente adoita durar uns minutos.

A tinta líquida xa preparada sécase doadamente, e é conveniente non deixar que se seque sobre a pedra ou sobre o pincel.

Pódense conseguir tamén botes de tinta chinesa xa preparada, moi densa, que pode usarse directamente ou disolver cun chisco de auga.

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.