Tinos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Tinos (en grego: Τήνος) é unha illa grega no mar Exeo. É parte das Cícladas entre Andros e Delos. A súa superficie é duns 350 km². Ten unha poboación ao redor de 8.000 habitantes e unha densidade de 40 a 50 hab./km².
Tinos | |
---|---|
Τήνος | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Grecia |
Periferias de Grecia | Exeo Meridional |
Arquipélago | Cícladas |
Mar | Mar Exeo |
Coordenadas | 37°32′N 25°10′L |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa marítima |
Superficie | 194´428 km² |
Punto máis alto | 729 m. Monte Tsiknias |
Demografía | |
Capital | Tinos |
Poboación | 8.636 hab (2011) |
Densidade | 44´4 hab./km² |
Lingua propia | Grego |
De 1207 a 1715 era un protectorado Veneciano antes de estar baixo dominación do Imperio Otomán ata 1821 cando integro o novo estado de Grecia.
A antiga cidade de Tinos atopábase ao suroeste da illa o lugar onde hoxe esta Aios Nikólaos, a capital actual. Nos seus arredores atopábase un templo dedicado a Poseidón, situado nunha cova, no que se celebraban festivais aos que asistían case todos os habitantes da illa. Poseidón aparece nas moedas de Tinos. Outra cidade da illa foi Eríston, no interior, onde agora está o pobo de Komi. Unha curiosidade de Tenos era unha fonte de auga da que non se podía mesturar co viño, que era e é o produto principal da illa, onde destaca a malvasía, orixinalmente xurdido en Monemvasia , no Peloponeso.