Tinguidura de hematoxilina-eosina
From Wikipedia, the free encyclopedia
A tinguidura[1] de hematoxilina-eosina ou coloración[2] de hematoxilina-eosina (a miúdo abreviado como tinguidura HE) é unha das principais tinguiduras usadas en histoloxía.[3][4][5] É tamén unha das tinguiduras máis amplamente utilizadas na diagnose médica,[3] considerada un procedemento básico en moitas probas.[6] Por exemplo, cando os patólogos teñen que examinar unha biopsia dun caso sospeitoso de cancro, a preparción adoita ser tinguida con esta técnica.
A tinguidura HE é a combinación de dúas tinguiduras histolóxicas: hematoxilina e eosina. A hematoxilina tingue os núcleos das células de azul e a eosina tingue o citoplasma e a matriz extracelular de rosa, mentres que outras estruturas adquiren distintos tons, e combinacións destas cores.[7][8] A tinguidura pon en evidencia as partes xerais da célula e a distribución de células nun tecido e proporciona un panorama xeral da estrutura dunha mostra de tecidos.[9] Por tanto, os patólogos poden diferenciar doadamente o núcleo e o citoplasma celulares.
Esta combinación de tinguiduras foi introducida en 1876 por A. Wissowzsky.[10][9]