From Wikipedia, the free encyclopedia
O tiburón gris ou tiburón lobo,[1] Carcharhinus plumbeus, é unha especie de tiburón da familia dos carcarrínidos (Carcharhinidae) que vive nos océanos Atlántico (incluíndo o mar Mediterráneo), Índico e Pacífico.
Tiburón gris (Carcharhinius plumbeus) | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Vulnerable | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Carcharhinus plumbeus (Nardo, 1827) | |||||||||||||||||||||
Distribución do tiburón gris | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Distínguese pola súa aleta dorsal que é máis alta que a doutros tiburóns.[2]
O tiburón gris, ou tiburón lobo, é un dos máis grandes tiburóns costeiros do mundo. As femias poden chegar aos 2-2,5 m de lonxitude, e os machos até 1,8 m. Ten o fociño arredondado, e máis curto que a media noutros tiburóns. Os dentes superiores teñen en xeral as cúspides irregulares, con bordos afiados. A primeira aleta dorsal é moi alta, e de forma triangular. A segunda aleta dorsal e anal están moi próximas unha doutra. A súa cor pode variar, nas partes superiores, desde un azulado a un gris apardazado con tonalidades de bronce; as inferiores son de cor branca ou amarela pálida.
Os tiburóns grises nadan sos ou ben reunidos en grupos de tamaño variábel, separados por sexos.
Encóntranse comunmente sobre fondos lamentos ou areosos en augas costeiras pouco profundas, tales como baías, esteiros e até en portos, pero tamén nadan en augas máis profundas (200 m ou máis).
Viven en augas tropicais e temperadas de todo o mundo, ao oeste do Atlántico, desde Massachusetts até o Brasil; os xuvenís, son comúns e abundantes na parte baixa da baía de Chesapeake (Virxinia), e as zonas de cría se encontran desde a baía de Delaware até Carolina do Sur. Outras zonas de cría coñecidas son Marmaris e Muğla, en Turquía.[3]
Mostran preferencia pola captura de presas pequenas de hábitos bentónicos. Comen peixes planos (curuxos, linguados etc.) corvinas (esciénidos), anguías, muxos, robalizas, polbos e lagostas.
O tiburón gris é unha especie ovovivípara, con camadas de 15 a 20 crías.
Segundo a IUCN, o status do tiburón touro en 2012 era de VU (especie vulnerábel).[4]
Segundo Rodríguez Villanueva et al. (1992), o tiburón touro é visitante ocasional das augas galegas.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.