From Wikipedia, the free encyclopedia
Thor Heyerdahl, nado en Larvik, Noruega, o 6 de outubro de 1914 e finado en Andora, Italia, o 18 de abril de 2002, foi un zoólogo, xeógrafo, antropólogo e explorador noruegués.
Foi o ideólogo e líder da expedición do Kon Tiki (1947), na que nunha balsa construída a base de troncos e fibras vexetais naturais suramericanas percorreu os 8.000 km existentes entre Perú e as Illas Tuamotu, na Polinesia, xunto con outros cinco compañeiros. Deste xeito, demostrou que era tecnicamente posible que coas técnicas da América precolombiana os nativos suramericanos puideran sulcar o océano Pacífico e colonizar as illas polinesias. A viaxe durou 101 días e toda a tripulación chegou en perfecto estado á Polinesia. A raíz da expedición, publicouse un libro, que foi traducido a 66 idiomas, e rodouse un documental que conseguiu o Óscar ao mellor documental en 1951.
Posteriormente estivo involucrado noutras expedicións e proxectos arqueolóxicos. Tras un intento errado o ano anterior, en 1970 conseguiu chegar nunha embarcación de papiro dende Marrocos ás Illas Barbados, demostrando que os habitantes do Antigo Exipto puideron ter chegado a América cruzando o océano Atlántico aproveitando a corrente das Canarias.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.