From Wikipedia, the free encyclopedia
Thomas Cromwell, nado en 1485 en Putney e finado o 28 de xullo de 1540 en Londres, foi un avogado e político inglés que serviu como ministro principal do rei Henrique VIII de 1532 a 1540.
Cromwell foi un dos máis fortes e poderosos avogados da Reforma anglicana, axudou en procurar a anulación do matrimonio do rei con Catarina de Aragón para permitirlle casar con Ana Bolena. Tras o fracaso en 1534 das xestións para obter a aprobación do papa Clemente VII, papa, o Parlamento converteu ao rei en cabeza da rupturista Igrexa de Inglaterra, dándolle a Henrique a autoridade para anular o seu propio matrimonio. Cromwell logo teceu un rumbo evanxelista e reformista para a embrionaria igrexa como vicexerente real e vigairo xeral.
Enfrontado con Ana Bolena, xogou un papel importante na súa caída. Cromwell caeu en desgraza tras arranxar o matrimonio do rei coa princesa alemá Ana de Cleves, que se anulou logo de seis meses. Arrestouse a Cromwell durante unha xuntanza do Consello Privado o 10 de xuño de 1540 e foi executado o 28 de xullo por traizón e herexía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.