From Wikipedia, the free encyclopedia
The Whale é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Darren Aronofsky e Samuel D. Hunter. Baséase na obra homónima de 2012. Está protagonizado por Brendan Fraser, Sadie Sink, Hong Chau, Ty Simpkins e Samantha Morton. No filme, un solitario profesor de inglés con obesidade severa intenta restaurar a súa relación coa súa filla adolescente, á que abandonou cando tiña oito anos.[6] O filme rodouse entre o 8 de marzo e o 7 de abril de 2021, en Newburgh, Nova York.
The Whale | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Whale |
Director | Darren Aronofsky |
Produtor |
|
Guión | Samuel D. Hunter |
Baseado en | The Whale de Samuel D. Hunter |
Intérpretes |
|
Música | Rob Simonsen |
Fotografía | Matthew Libatique |
Montaxe | Andrew Weisblum |
Estudio | Protozoa Pictures |
Distribuidora | A24 |
Estrea | Venencia: 4 de setembro de 2022 9 de decembro de 2022 |
Duración | 117 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama psicolóxico[2] |
Orzamento | 3 millóns de dólares[3] |
Recadación | 57,6 millóns de dólares[4][5] |
Na rede | |
The Whale estreouse na 79ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia o 4 de setembro de 2022. Tivo unha estrea limitada nos cinemas dos Estados Unidos o 9 de decembro, antes dunha estrea máis ampla o 21 de decembro a través de A24, recadando 54,9 millóns de dólares contra un orzamento de 3 millóns. A crítica tivo unha resposta polarizada; aínda que algúns enxalzaron a actuación, especialmente de Fraser, Chau e Sink, a representación que se fai no filme das loitas relacionadas coa obesidade motivou críticas. Pola súa interpretación, Fraser gañou o Óscar ó mellor actor, o premio Critics' Choice e o premio SAG, Chau foi nomeada ó Óscar á mellor actriz secundaria, e o filme gañou o Óscar á mellor maquillaxe.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.