The Thing (filme de 1982)
filme de 1982 dirixido por John Carpenter / From Wikipedia, the free encyclopedia
The Thing é unha película estadounidense de 1982 dos xéneros de terror e ciencia ficción, dirixido por John Carpenter e con efectos especiais de Rob Bottini. A música é de Ennio Morricone e do propio director (non aparece nos créditos). O guión é de Bill Lancaster, claramente inspirado na película de 1951 The Thing from Another World. As localizacións foron na Columbia Británica. A película foi o cuarto traballo de Carpenter co fotógrafo Dean Cundey e o terceiro co actor Kurt Russell. A película foi considerado un fracaso de portelo de Carpenter na época do lanzamento, porque o director viña de ter varios éxitos, como Halloween de 1978. Pero coa chegada do home vídeo, CD e da TV por cable, a produción foi revalorizada e tornouse nun "filme de culto". En 2002 foi lanzado o videoxogo baseado na película.
The Thing | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Thing |
Director | John Carpenter |
Produtor | David Foster, Lawrence Turman |
Guión | Bill Lancaster |
Intérpretes | Kurt Russell Wilford Brimley Keith David David Clennon Richard Dysart |
Música | Ennio Morricone |
Fotografía | Dean Cundey |
Montaxe | Todd Ramsay |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | 1982 |
Duración | 109 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | $15 000 000[1] |
Recadación | $19 600 000 (América do Norte)[2] |
Filme seguinte | The Thing (Precuela) |
Na rede | |
John Carpenter considera The Thing como o primeiro da súa "Triloxía da Apocalipse". Os outros serían Prince of Darkness (1987) e In the Mouth of Madness (1995).