Filme de 2001 dirixido por Peter Jackson From Wikipedia, the free encyclopedia
The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring é o primeiro filme da triloxía cinematográfica d'O Señor dos Aneis, baseada no primeiro tomo da novela homónima do escritor británico de literatura fantástica J. R. R. Tolkien; adaptado ó cine polo neozelandés Peter Jackson. En galego pódese traducir como: O Señor dos Aneis: A Irmandade do Anel.
O Señor dos Aneis: A Irmandade do Anel | |
---|---|
Logo do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring |
Director | Peter Jackson |
Produtor | Peter Jackson Michael Lynne Mark Ordesky Robert Shaye Bob Weinstein Harvey Weinstein |
Guión | Philippa Boyens Peter Jackson Frances Walsh |
Baseado en | A irmandade do anel de J. R. R. Tolkien |
Intérpretes | Elijah Wood Ian McKellen Viggo Mortensen Sean Bean Sean Astin Orlando Bloom John Rhys-Davies Billy Boyd Dominic Monaghan Christopher Lee Liv Tyler Hugo Weaving Cate Blanchett Ian Holm Craig Parker Marton Csokas Andy Serkis |
Música | Howard Shore |
Fotografía | Andrew Lesnie |
Montaxe | John Gilbert |
Estudio | WingNut Films Saul Zaentz |
Distribuidora | New Line Cinema |
Estrea | 2001 |
Duración | 178 minutos Versión estendida: 208 minutos |
Orixe | Nova Zelandia Estados Unidos |
Xénero | Acción, Aventura, Fantasía |
Orzamento | $93 000 000[1] |
Recadación | $871 530 324 |
Filme anterior | The Hobbit: The Battle of the Five Armies |
Filme seguinte | The Lord of the Rings: The Two Towers |
Na rede | |
https://www.warnerbros.com/movies/lord-rings-fellowship-ring/ | |
A Irmandade do Anel comeza narrando a existencia da creación dos Aneis de Poder. "Tres aneis para os reis elfos baixo o ceo. Sete para os Señores Ananos nas súas salas de pedra. Nove para os Homes Mortais condenados a morrer. Un para o Señor Escuro no seu escuro trono. "Sauron, o Señor Escuro, foi o creador da maioría deles grazas á súa ciencia é tamén creou tres que tiveron os Elfos, pero nunca os chegou a posuír. Pero o resto dos aneis foron subxugados polo poder Anel Único, no que Sauron o Maiar, pretendía dominar a Terra Media. A través destes aneis Sauron corrompeu ós seus propietarios, facendo que os seus exércitos conquistaran a Terra Media. Pero unha derradeira alianza de Elfos e Homes derrotou ás tropas de Sauron, o mal. É o cerco final á Torre Negra de Mordor, onde Sauron perde o anel a mans do fillo do rei de Gondor, Isildur. Este podería destruír o Anel botándoo ó lume no Orodruin (O Monte do Destino), pero antes de facelo, cambiou de idea e decidiu conservalo para si mesmo. En realidade, exponse que o anel ten vontade propia e pode corromper ó seu dono. Isildur foi morto por orcos nun río, e o anel perdeuse no fondo do mesmo, ata que a criatura Gollum o atopou 2.500 anos máis tarde e o levou a nunha montaña, gardándoo por 500 anos. Pero ao final o Anel abandonouno para ser atopado (aparentemente iso non foi a "intención" do Anel) por Bilbo Bulseiro da Comarca, un hobbit que se dirixía cara a Montaña Solitaria, como dixo na novela "O Hobbit", publicado antes d´"O Señor dos Aneis".
Bilbo mantivo o Anel por case 60 anos sen coñecer a súa verdadeira natureza, xa que pensaba nel como unha mera curiosidade que lle permitía converterse en invisíbel cando o usaba. Ademais, aínda que non sabía, o anel deulle unha gran lonxevidade. Durante a celebración do seu aniversario de número 111, Gandalf o Gris convence a Bilbo a deixar o anel, xa que coa actitude anormal e agresiva de Bilbo comeza a sospeitar sobre a verdadeira natureza do Anel. Gandalf convence Bilbo a entregar o anel para o seu sobriño favorito, Frodo Bulseiro. Gandalf, entón aconsella a Frodo que garde e manteña o segredo do anel, mentres viaxa a Minas Tirith para investigar.
Gandalf pasou varios anos buscando e descubriu que o Anel debe ser nada menos que o Anel de Sauron. Volta cara A Comarca e envía a Frodo e Samsagaz Gamllí (os que despois se lles unirían Meriadoc Brandigamo e Peregrin Tuc) nunha viaxe fóra dos límites da provincia para impedir que o anel sexa atopado polo inimigo. Frodo diríxese cara a Prebe mentres Gandalf vai apresuradamente cara Isengarda para consultar co xefe da súa orde (os Istari) Saruman. Frodo chega a Bree co seus amigos e descobre que Gandalf aínda non chegou. Máis tarde revélase que Saruman o traizoou e mantivo prisioneiro na súa torre, pero Gandalf foxe coa axuda de Gwaihir (Señor das Grandes Aguias). En Bree, Frodo e os seus compañeiros atopan a Aragorn, o herdeiro do reino humano de Gondor, pero que se presenta ante eles como un montaraz Dúnadan chamado Alancadas. Coa súa axuda evadiron ós espectros do anel ou Nazgûl e continuaron a súa viaxe ata Valfendido. Despois de moitas aventuras nas que Frodo foi atacado por un Nazgûl, que case o mata chegan a Valfendido, onde Gandalf, o Gris o estaba agardando e onde grazas á maxia de Elrond, señor de Imladris, Frodo é curado (aínda que non totalmente) do veleno da folla do Nazgûl que o atacou.
Valfendido tamén foi onde se realizou o Consello de Elrond, que foi a reunión dos representantes das razas e pobos da Terra Media, onde se decidiu que o Anel debía ser destruído, aínda que facelo implicase aventurarse nas profundidades de Mordor e no Monte do Destino para arroxalo nos seus lumes, a única forma da que pode ser destruído. Frodo asumiu a misión, e prometeron axudalo nela o mago Gandalf, Aragorn o herdeiro ó trono, o elfo Legolas, o anano Gimli, Boromir o capitán de Gondor, e os hobbits Sam, Merri e Pipin. Xuntos, eles formaron a Irmandade do Anel.
Parte da viaxe implicaba pasar por unha serra, pero non puideron facelo debido ós feitizos de Saruman, polo que tentaron ir a través das Minas de Moria, a casa do primo de Gimli, Balin. Ao final, conseguiron, pero a un custo elevado: Gandalf afrontou un Balrog, e foi arrastrado ó profundo dun abismo, sendo asasinado, a falecendo ó chegar ó fondo, despois de horas de caída. Morre alí (aínda que non se sabe exactamente, porque podería volver).
Despois de pasar polo bosque de Lothlórien, onde Galadriel, señora do bosque lles deu agasallos para todos e os deixou estar no seu pazo.
Seguiron parte da viaxe en barco, pero nunha das súas paradas foron atacados por Uruk-hai, os orcos de Isengarda, enviados para capturar a Frodo. Para non dar detalles que poderían motivar unha traizón, Saruman só lles dixo que lle levaran a tódolos hobbits "vivos e intactos", co motivo dunha suposta arma de guerra élfica que estes tiñan e que mataran ó resto.
Frodo foi atacado por Boromir, que foi corrompido polo anel, e decidiu que era mellor continuar a viaxe só grazas ós ánimos de Aragorn. Ao tentar fuxir os orcos atacárono, polo que Merri e Pipin chamaron a súa atención lonxe de Frodo. Os orcos levaron a Merri e Pipin despois de matar a Boromir que tentara protexelos. Aragorn, Legolas e Gimli partiron na súa persecución. Frodo foi nun dos barcos, pero Sam sorprendeuno ó marchar, e pediulle que lle deixase acompañalo. Finalmente parten xuntos, e os outros van en busca de Merri e Pipin. Boromir morre a mans de Lurtz, o xefe dos Uruk-hai. Logo, Sam e Frodo viaxan sós, e a película remata.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.