![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cd/The_general_movie_poster.jpg/640px-The_general_movie_poster.jpg&w=640&q=50)
The General
From Wikipedia, the free encyclopedia
The General é unha película de 1926 de Buster Keaton, codirixida con Clyde Bruckman. Realizáronse varias versións en galego, sendo proxectadas en cineclubes e institutos con títulos como O maquinista da General[1] e outros. Conta a historia dun rapaz que, durante a guerra civil estadounidense, a pesar de nin sequera ser recrutado, consegue defenderse só de todo un exército inimigo para salvar a súa moza.
The General | |
---|---|
![]() | |
Ficha técnica | |
Produtor | Buster Keaton Productions Inc. Joseph M. Schenck Productions |
Guión | Al Boasberg Clyde Bruckman Buster Keaton Charles Henry Smith Paul Girard Smith |
Música | William P. Perry (1926) Carl Davis (1987) Robert Israel (1995) Baudime Jam (1999) Joe Hisaishi (2004) Timothy Brock (2005) Angelin Fonda (2017) |
Fotografía | Bert Haines Devereaux Jennings |
Montaxe | Buster Keaton Sherman Kell |
Estrea | 1926 |
Duración | 75 minutos (8 bobinas) |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia |
Orzamento | $ 750.000 |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
En 1989 incluíuse entre as películas conservadas no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América.[2] En 2007 o American Film Institute situouno no posto 18 da clasificación das 100 mellores filmes estadounidenses de todos os tempos.[3]
O filme, e en xeral toda a carreira de Keaton ten recibido acusacións de racismo e de apoiar o supremacismo sureño.[4][5] pero tamén desculpas dicindo que era debido a reflectir o contexto histórico e a estereotipos culturais daquel tempo e que a trama é basicamente un pretexto para os gags e acrobacias do filme.[6]
Keaton afirmou que The General era a súa favorita entre as súas películas e que ao facela esperaba cumprir a
ambición de facer unha comedia realmente grande cunha atmosfera histórica. [....] Aínda que está deseñada principalmente para as risas, o obxectivo é facela historicamente correcta e igualmente aceptábel no Norte e o Sur. No será un burlesque, senón un espectáculo cómico de episodios emocionantes.[7]