The Futureheads (álbum)
From Wikipedia, the free encyclopedia
The Futureheads é o álbum de estrea da banda inglesa de post-punk revival The Futureheads, editado o 12 de xullo do 2004. Do disco sacáronse os sinxelos "First Day", "Decent Days and Nights", "Meantime" e "Hounds of Love" (unha versión de Kate Bush). The Futureheads tivo unha boa acollida por parte da crítica e foi re-lanzado nunha edición especial no ano 2005, contando cun DVD, traendo unha portada lixeiramente cambiada, en rosa en vez do gris da orixinal.
The Futureheads | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Futureheads | ||||
Gravación | 2004 | |||
Duración | 36:30 | |||
Xénero(s) | post-punk revival | |||
Selo(s) | 679 Recordings, Sire Records | |||
Producido por | Paul Epworth | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
"Decent Days and Nights" e "Hounds of Love" puxéronse á disposición do xogo Rock Band o 9 de marzo de 2010. "Decent Days and Nights" tamén aparece na banda sonora do videoxogo Burnout 3 e usouse nun capítulo da serie de televisión The O.C. e na película Grandma's Boy.
O disco foi elixido pola publicación Pitchfork Media o 33 mellor álbum do ano 2004[1].