The Elder Scrolls V: Skyrim
videoxogo de 2011 / From Wikipedia, the free encyclopedia
The Elder Scrolls V: Skyrim é un videoxogo de rol en mundo aberto desenvolvido por Bethesda Game Studios e publicado por Bethesda Softworks. É o quinto título da serie The Elder Scrolls, despois de The Elder Scrolls IV: Oblivion. Skyrim foi estreado internacionalmente o 11 de novembro de 2011, para Microsoft Windows, PlayStation 3 e Xbox 360. Foron estreados tres packs de expansión descargables, Dawnguard, Hearthfire, e Dragonborn, que foron incluídos na edición The Elder Scrolls V: Skyrim – Legendary Edition, estreada o 4 de xuño de 2013. The Elder Scrolls V: Skyrim – Special Edition, unha versión rematerizada do xogo, será estreado para Xbox One e PlayStation 4 o 28 de outubro de 2016. Nel estarán incluídos as tres expansións DLC e unha actualización gráfica completa para ámbalas dúas consolas.
The Elder Scrolls V: Skyrim | |
---|---|
Logo do videoxogo. | |
Desenvolvedor(es) | Bethesda Game Studios |
Distribuidora(s) | Bethesda Softworks |
Director(es) | Todd Howard |
Produtor(es) | Craig Lafferty Ashley Cheng |
Deseñador(es) | Bruce Nesmith Kurt Kuhlmann Emil Pagliarulo |
Artista(s) | Matthew Carofano |
Compositor(es) | Jeremy Soule |
Motor | Creation Engine |
Lanzamento | 2011[1] |
Xénero | Rol |
Modos de xogo | Un xogador |
Clasificación | PEGI CERO USK |
Plataforma(s) | Microsoft Windows, PlayStation 3, Xbox 360, PlayStation 4, Xbox One |
Serie | The Elder Scrolls |
Na rede | |
elderscrolls.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A historia de Skyrim xira arredor da personaxe do xogador, que debe derrotar a "Alduin the World-Eater", un dragón que segundo unha profecía destruirá o mundo. O xogo está ambientado douscentos anos despois dos eventos de Oblivion e ten lugar na provincia ficticia de Skyrim. Ó longo do xogo, o xogador completa unha serie de misións, desenvolvendo e mellorando as súas habilidades. Skyrim continúa coa tradición do mundo aberto características dos títulos predecesores, o cal permite ó xogador viaxar onde queira en calquera intre, podendo pospoñer ou ignorar a historia principal indefinidamente.