![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e5/2017_The_Alan_Parsons_Live_Project_-_by_2eight_-_DSC6286.jpg/640px-2017_The_Alan_Parsons_Live_Project_-_by_2eight_-_DSC6286.jpg&w=640&q=50)
The Alan Parsons Project
From Wikipedia, the free encyclopedia
The Alan Parsons Project foi unha banda de rock inglesa activa entre 1975 e 1990,[1] cuxos membros principais eran o produtor, enxeñeiro de son, músico e compositor Alan Parsons e o cantante, compositor e pianista Eric Woolfson. Estiveron acompañados por distintos músicos de sesión, algúns deles relativamente constantes, como o guitarrista Ian Bairnson, o arranxador Andrew Powell, o baixista e vocalista David Paton, o batería Stuart Elliott, e os vocalistas Lenny Zakatek e Chris Rainbow. Parsons e Woolfson compartiron as tarefas de composición en case todos os temas do grupo, encargándose Parsons de producir ou coproducir todas as gravacións.
The Alan Parsons Project | |
---|---|
![]() The Alan Parsons Live Project en 2017 | |
Orixe | Londres, ![]() |
Período | 1975 - 1990 |
Xénero(s) | rock progresivo, art rock, pop progresivo, soft rock |
Selo(s) discográfico(s) | Charisma Records, Arista Records |
Membros | Alan Parsons Eric Woolfson |
Na rede | |
the-alan-parsons-project.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
The Alan Parsons Project publicou once álbums de estudio nos seus 15 anos de carreira, sendo os máis exitosos I Robot (1977) e Eye in the Sky (1982). Moitos dos seus álbums teñen unha natureza conceptual e céntranse na ciencia ficción, no sobrenatural e temas literarios e sociolóxicos. Entre os temas máis populares do grupo atópanse "I Wouldn't Want to Be Like You", "Games People Play", "Time", "Sirius"/"Eye in the Sky" e "Don't Answer Me".