From Wikipedia, the free encyclopedia
Tetrahymena é un xénero de protozoos ciliados de vida libre. En certos caos pode tamén adoptar unha forma de vida comensal ou patoxénica; por exemplo, no peixe guppy Tetrahymena pode causar unha doenza mortal[1]. Son comúns en estanques de auga doce. Algunhas especies de Tetrahymena utilízanse como organismos modelo en investigacións biomédicas, como T. thermophila e T. pyriformis.[2] Entre os descubrimentos realizados estudando Tetrahymena salientaremos o da estrutura dos telómeros e a telomerase, o autosplicing do ARN, as primeiras proteínas motoras e a regulación xénica por acetilación das histonas.
Tetrahymena | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tetrahymena thermophila | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
T. hegewischi |
Tetrahymena ten dous tipos de núcleos (dimorfismo nuclear), un pequeno (micronúcleo), diploide usado para a reprodución e outro máis grande (macronúcleo) poliploide para o funcionamento da célula. O macronúcleo divídese por amitose e periodicamente debe ser rexenerado a partir do micronúcleo. Ten tamén reprodución por conxugación.
As especies do xénero Tertrahymena teñen un tamaño de 30-60 microns e están cubertas completamente por unha ciliatura típica de holotrico. A ciliatura sérvelle para a locomoción e é moi sensible aos estímulos sensoriais. O organismo ten un aparato oral de grande tamaño, comparable ao do paramecio. As catro membranas que ten na zona oral danlle o nome a este xénero (tetra = catro, hymen = membrana); estas catro membranas están situadas a esquerda e dereita, tres membranas de tipo membranela a un lado e unha membrana ondulante no outro. A célula presenta un citoprocto para a excreción de residuos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.