examen clínico para comprobar a saúde física dun neonato From Wikipedia, the free encyclopedia
O test de Apgar foi desenvolvido pola doutora norteamericana Virginia Apgar, pediatra e anestesista que abriu o campo da neonatoloxía. Foi publicado por primeira vez en 1953.[1]
Trátase dun exame clínico que se lle realiza ao neonato despois do parto, onde o pediatra, o neonatólogo, o obstetra ou o enfermeiro cualificado realizan unha proba na que se valoran cinco parámetros para obter unha primeira valoración simple e clínica sobre o estado xeral do neonato nese momento[2].
O neonato é avaliado consonte cinco parámetros fisioanatómicos simples, que son o ton muscular, o esforzo respiratorio, a frecuencia cardíaca, os reflexos e a cor da pel.
A cada parámetro asígnaselle unha puntuación de entre 0 e 2, e sumando as cinco puntuacións obtense o resultado do test (cun máximo de 10).
O test realízase ao minuto, aos cinco minutos e, ocasionalmente, cada cinco minutos ata os 20 minutos despois de nacer, se a puntuación ata os cinco minutos é inferior a sete. A puntuación ao primeiro minuto avalía o nivel de tolerancia do neonato ao proceso do nacemento e o seu posible sufrimento, entanto que a puntuación obtida aos cinco minutos avalía o seu nivel de adaptabilidade ao medio e a súa capacidade de recuperación. Un neonato cunha puntuación máis baixa ao primeiro minuto que ao quinto obtén uns resultados normais e non implica anormalidade na súa evolución. Pola contra, se marca 0 puntos de Apgar débese avaliar clinicamente a súa condición anatómica para lle ditaminarlle estado de morte.
Actualmente segue a usarse como un test rápido, sinxelo e preciso para avaliar a vitalidade dos neonatos. Ten tamén unha certa capacidade de predición do prognóstico e a supervivencia, e o seu uso é práctica habitual hoxe en día en todos os centros de sanitarios que atenden partos.[3][4]
Os cinco criterios desta proba son os seguintes:
0 puntos | 1 punto | 2 puntos | |
---|---|---|---|
Cor da pel | Todo azul | Extremidades azuis | Normal |
Frecuencia cardíaca | 0 | Menos de 100 | Máis de 100 |
Reflexos e irritabilidade | Sen resposta a estimulación | Aceno. Choro débil ao ser estimulado | Espirros, tose e pateadura ao ser estimulado |
Ton muscular | Ningunha | Algunha flexión | Movemento activo |
Respiración | Ausente | Débil ou irregular | Forte |
Se o bebé está en boas condicións obterá unha puntuación de entre 7 e 10 puntos. Se obtén de 4 a 6 puntos, a súa condición fisiolóxica non está a responder adecuadamente e o neonato require unha valoración clínica e recuperación inmediata. Se é igual ou menor a 3, necesita atención de emerxencia, como medicamentos intravenosos e respiración asistida. Se a puntuación é 0, é moi probable que baixo un perfecto estudo clínico se lle ditamine o estado resolutivo de morte.
Grazas a este método, durante os máis de 50 anos que leva realizándose logrouse reducir a taxa de mortalidade e a taxa de morbilidad, ao avaliar o estado do bebé inmediatamente despois de nacer. Pódense valorar mediante esta proba (en embarazos non controlados) determinacións sobre certas síndromes e/ou signos patolóxicos. O resultado do test de Apgar é un dato de relevancia para a saúde pública infantil.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.