![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4c/Pythagorean_theorem_-_Ani.gif/640px-Pythagorean_theorem_-_Ani.gif&w=640&q=50)
Terna pitagórica
tres enteiros positivos, os cadrados de dous suman igual que o cadrado do terceiro / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha terna pitagórica consta de tres números enteiros positivos a, b e c, de tal forma que a2 + b2 = c2. Tal terna escríbese habitualmente (a, b, c), un exemplo coñecido é (3, 4, 5). Se (a, b, c) é unha terna pitagórica, entón tamén o é (ka, kb, kc) para calquera número enteiro positivo k. Un triángulo cuxos lados son unha terna pitagórica é un triángulo rectángulo e chámase triángulo pitagórico.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4c/Pythagorean_theorem_-_Ani.gif/320px-Pythagorean_theorem_-_Ani.gif)
Unha terna pitagórica primitiva é aquela na que a, b e c son coprimos (é dicir, non teñen un divisor común maior que 1).[1] Por exemplo, (3, 4, 5) é unha terna pitagórica primitiva mentres que (6, 8, 10) non o é.
Procurar solucións enteiras da ecuación a2 + b2 = c2 é unha ecuación diofantiana. Así, as ternas pitagóricas están entre as solucións máis antigas coñecidas dunha ecuación diofántiana non linear.