Terminoloxía
estudo dos termos e do seu uso / From Wikipedia, the free encyclopedia
Terminoloxía, en sentido amplo, refírese simplemente ao uso e estudo de termos, ou sexa, especificar as palabras simples e compostas dunha lingua que se usan xeralmente en contextos específicos.
Terminoloxía tamén se refire a unha disciplina máis formal que estuda sistematicamente a rotulación e a designación de conceptos particulares a un ou varios asuntos ou campos de actividade humana, por medio de investigación e análise dos termos en contexto, coa finalidade de documentar e promover o seu uso correcto. Este estudo pode ser limitado a unha lingua ou pode cubrir máis dunha lingua ao mesmo tempo (terminoloxía multilingüe, bilingüe, trilingüe etc).