![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/90/Casa_de_las_Palabras_%2528A_Coru%25C3%25B1a%2529_%25285440973129%2529.jpg/640px-Casa_de_las_Palabras_%2528A_Coru%25C3%25B1a%2529_%25285440973129%2529.jpg&w=640&q=50)
Palabra
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha palabra[1] é cada unha das unidades da cadea escrita, que se escriben separadamente (agás nos casos en que se usa apóstrofo ou guión), é dicir é a unidade formada por un ou varios fonemas, illable e dotada de significado.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/90/Casa_de_las_Palabras_%28A_Coru%C3%B1a%29_%285440973129%29.jpg/640px-Casa_de_las_Palabras_%28A_Coru%C3%B1a%29_%285440973129%29.jpg)
En moitos idiomas, a noción do que constitúe unha "palabra" pódese entenderse principalmente como parte da aprendizaxe do sistema de escritura.[2] É o caso da lingua inglesa e da maioría das linguas escritas con alfabetos derivados dos antigos alfabetos latinos ou gregos.
Non existe consenso entre os lingüistas sobre a definición axeitada de "palabra" nunha lingua falada que é independente do seu sistema de escritura, nin sobre a distinción precisa entre ela e "morfema".[2] Este tema é especialmente debatido para o chinés e outras linguas do leste asiático,[3] e pode ser discutible para as linguas afroasiáticas.
A ciencia que estuda a composición e estrutura interna das palabras é a morfoloxía.
As palabras poden clasificarse segundo a clase sintáctica (categoría gramatical), segundo a súa acentuación ou segundo o seu número de sílabas.
O día 23 de novembro foi proclamado como Día Internacional da Palabra [4].