Terebinto
especie de planta / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Pistacia terebinthus, coñecida como terebinto[1], é unha especie de planta con flor pertencente á familia das Anacardiáceas e nativa da rexión mediterránea, desde Marrocos e Portugal no oeste ata Turquía e Siria no leste, aínda que tamén se atopa nas illas Canarias. En galego recibe ademais os nomes de escornacabras[2] e cornabude[3][4], pero hai que ter en conta que estes parecen ser tamén nomes comúns doutras especies[5].
Terebinto | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Pistacia terebinthus L. |
Trátase dunha pequena árbore ou grande arbusto deciduo que pode chegar ata os 10 m, aínda que normalmente alcanza unha altura máis modesta en torno ós 5 m. As follas son compostas de 10–20 cm de longo con varios folíolos máis pequenos (5-11) que xorden da principal. As flores teñen unha cor vermella purpurada, aparecendo coas follas a principios da primavera. Os froitos son pequenas bagas vermellas de 5–7 mm de longo, que escurecen ó madurar. Todas as partes da planta teñen un forte cheiro resinoso.