político ecuatoguineano From Wikipedia, the free encyclopedia
Teodoro Obiang Nguema Mbasogo, nado o 5 de xuño de 1942, é o presidente de Guinea Ecuatorial dende o 3 de agosto de 1979.
Nado en Acoacan, no seo do clan mongomo dos fang, Obiang comezou a súa carreira nunha academia militar española. Chegou a tenente durante o goberno do seu tío Francisco Macías Nguema.
Obiang desempeñou varios cargos como o de gobernador de Bioko e xefe das forzas armadas de Guinea. Deu un golpe de estado contra Macías o 3 de agosto de 1979, xulgándoo e executándoo pouco despois. En outubro, Teodoro converteuse oficialmente no presidente do país e declarou que acabaría coa política represiva do seu antecesor.
En novembro de 2021, Teodoro Obiang Nguema Mbasogo foi nomeado no congreso do seu partido como candidato para un sexto mandato nas eleccións de 2023.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.