From Wikipedia, the free encyclopedia
Teodoro II (en copto: Ⲡⲁⲡⲁ Ⲁⲃⲃⲁ Ⲑⲉⲟ́ⲇⲱⲣⲟⲥ ⲃ̅ , tr. Papa Abba Theódōrōs II; en árabe: البابا تواضروس الثاني, tr. al-Baba Tawadurus al-zani), nado en Mansura (Exipto) o 4 de novembro de 1952 é o 118º Papa de Alexandría da Igrexa Ortodoxa Copta, no cargo dende o 18 de novembro de 2012.
(2019) | |
Nome orixinal | (cop) Ⲡⲁⲡⲁ Ⲁⲃⲃⲁ Ⲑⲉⲟ́ⲇⲱⲣⲟⲥ ⲡⲓⲙⲁϩ ⲃ̅ |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (arz) وجيه صبحي باقي سليمان 4 de novembro de 1952 (71 anos) Mansura, Exipto |
Papa da Igrexa Ortodoxa Copta de Alexandría | |
18 de novembro de 2012 – ← Shenouda III | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexas ortodoxas orientais |
Educación | Universidade de Alexandría - farmacoloxía Mosteiro de San Bishoi |
Actividade | |
Ocupación | presbítero, crego cristián |
Consagración | Shenouda III |
Naceu como Waxih Subhi Baqi Sulaiman (وجيه صبحى باقى سليمان) o 4 de novembro de 1952 na cidade de Mansura, Exipto.[1] Estudou Farmacia na Universidade de Alexandría, graduándose en 1975.[1] Aos poucos anos de traballar nunha compañía farmacéutica, ingresou no mosteiro de san Pishoi de Wadi al Natrun, e foi ordenado sacerdote en 1989.
O 15 de xuño de 1997 foi consagrado bispo polo papa de Alexandría Xinuda III,[2] e tomou o nome de "Teodoro". Foi asignado á eparquía de Bihira.
Á morte de Xinuda III, estivo entre os tres candidatos para sucederlle, resultando elixido o 18 de novembro de 2012.
O 8 de maio de 2013 Teodoro II visitou no Vaticano ao papa Francisco; esta foi a segunda vez que un papa copto visitaba ao seu homólogo católico.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.