![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/af/Marco_6_oct_2008.jpg/640px-Marco_6_oct_2008.jpg&w=640&q=50)
Tempestade tropical Marco (2008)
From Wikipedia, the free encyclopedia
A tempestade tropical Marco foi o décimo terceiro ciclón tropical que se formou durante a temporada de furacáns de 2008 no Atlántico. Bateu o récord de ciclón máis pequeno xamais coñecido. Marco creouse a partir dunha ampla área de baixa presión no noroeste do Mar do Caribe a finais de setembro de 2008. Por mor desta área de baixa presión, formouse un pequeno centro de circulación de baixo nivel sobre Belize influído por unha onda tropical.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/af/Marco_6_oct_2008.jpg/640px-Marco_6_oct_2008.jpg)
Despois de atravesar o sur da península do Iucatán o día 6 de outubro, a baixa foi chamada Depresión tropical décimo terceira (Tropical Depression Thirteen). A depresión axiña se intensificou converténdose na tempestade tropical Marco o día seguinte. Marco acadou a súa máxima intensidade o 7 de outubro con refachos de 100 km/h. Nese intre, a tempestade tropical estendíase ó longo de 18,5 km de radio dende o centro da tempestade, converténdose no ciclón tropical máis pequeno xamais rexistrado.[1][2] Ás 12:00 UTC, Marco recalaba preto de Misantla (Veracruz). A tempestade debilitouse rapidamente despois de tocar terra firme, disipándose máis tarde. O balance global de danos foi mínimo debido ás pequenas dimensións da tempestade. Porén, produciu fortes choivas que provocaron inundacións de até 3 m de profundidade que asolagaron autoestradas e danaron casas.