Tempada 2020/21 do Deportivo da Coruña

tempada deportiva From Wikipedia, the free encyclopedia

Durante a tempada 2020/21 o Deportivo da Coruña competiu na Segunda División B (afrontando a súa 2ª campaña en dita categoría).

Datos rápidos Presidente, Adestrador ...
Deportivo da Coruña
Tempada 2020–21
Presidente Fernando Vidal (ata febreiro)
Antonio Couceiro (dende febreiro)
Adestrador Fernando Vázquez (ata xaneiro)
Rubén de la Barrera (dende xaneiro)
EstadioRiazor
Segunda División B4º (Grupo I Subgrupo A)
Copa do Rei2ª rolda
Goleador Miku (7)
Na casa
Fóra
Alternativa
Pechar

Resumo da tempada

Agosto

O Deportivo da Coruña iniciou os adestramentos de pretempada o 24 de agosto, sen ter aínda seguro en que categoría xogaría, debido ao ocorrido na última xornada da tempada 2019/20.[1] Ao día seguinte anunciouse que o novo adestrador de porteiros sería o vigués Alberto Casal, que ata entón exercía esa función no Fabril.[2] O 27 de agosto, tras unha reunión do CSD coa liga e a Federación rexeitouse definitivamente a proposta dunha Segunda División de 24 equipos, confirmándose así o descenso do Deportivo á Segunda B.[3]

O 28 de agosto anunciouse a marcha do porteiro Dani Giménez, ao non chegar a un acordo co club.[4]

Setembro

O 1 de setembro Borja Valle confirmou a súa marcha do club cunha carta á afección,[5] e ao día seguinte fixo o mesmo David Simón, que unhas horas despois foi anunciado como novo xogador do Cartagena.[6] O 3 de setembro foi Christian Santos quen publicou a súa despedida, sendo anunciado o mesmo día como novo dianteiro do VfL Osnabrück, da 2. Bundesliga.[7] Tamén ese día anunciouse a fichaxe do porteiro canario Carlos Abad, que asinou por dúas tempadas, tras desvincularse do Tenerife. A tempada anterior xogara cedido no Xanthi F.C. da Superliga de Grecia.[8] O 4 de setembro anunciouse o traspaso do xaponés Gaku Shibasaki ao CD Leganés. O Deportivo non recibiu ningún importe polo traspaso pero incluíronse varias cláusulas por obxectivos que poderían reportar diñeiro ao club coruñés.[9] O mesmo día anunciouse o traspaso de David Sánchez ao Hércules.[10] O 5 de setembro Fernando Vázquez anunciou que outro David Sánchez, ata entón analista do club, sería o seu segundo adestrador.[11][12] Ese mesmo día coñeceuse a renovación do guadalupeño Claudio Beauvue ata o verán de 2022.[13]

O 6 de setembro fíxose oficial a fichaxe do internacional costarriqueño Celso Borges (que xa xogara no Deportivo entre 2015 e 2018) procedente do Göztepe SK da Süper Lig turca.[14] Ao día seguinte anunciouse a fichaxe de Ager Aketxe pola UD Almería por dúas tempadas[15] e a volta de Luis Ruiz ao CD Lugo.[16] O 8 de setembro o club anunciou a fichaxe do porteiro hispano-colombiano Lucho García, procedente do Sevilla.[17] O 9 de setembro o club anunciou a renovación por tres tempadas máis do xogador da canteira Yago Gandoy.[18] O 11 de setembro foi anunciada a cesión por unha tempada do centrocampista do Sevilla José Lara.[19]

O 12 de setembro pechouse a fichaxe do lateral esquerdo de Valladolid Héctor Hernández, que quedara libre tras o descenso do Numancia.[20] Dous días despois o CD Lugo, anunciou a incorporación en propiedade de Gerard Valentín, dianteiro do Deportivo que xa xogara no club lugués como cedido nas dúas tempadas anteriores.[21] O 18 do mesmo mes anunciáronse as fichaxes do uruguaio Nacho González, procedente do Plaza Colonia,[22] e do portugués Rui Costa, dianteiro do FC Porto que xogara a tempada pasada como cedido no AD Alcorcón.[23] Ademais Fede Cartabia anunciou que volvía outra tempada máis ao Shabab Al-Ahli dos Emiratos Árabes Unidos.[24] O 22 de setembro Vicente Gómez desvinculouse do club e ao día seguinte foi anunciado como novo xogador do Kerala Blasters FC, da Superliga da India.[25][26]

O 24 de setembro Michele Somma despediuse do Deportivo nas redes sociais,[27] sendo anunciado uns días despois como novo xogador do Palermo.[28] O 25 de setembro fíxose oficial a contratación do internacional venezolano Miku, procedente do AC Omonia Nicosia, que xa levaba varios días adestrando en Abegondo.[29] O día 26 o equipo disputou o primeiro amigábel da tempada fronte ao Racing Vilalbés na Magdalena, gañando por 0-3.[30] O 28 do mesmo mes anunciouse a contratación por catro tempadas do nixeriano Uche Agbo, dianteiro do Standard de Liège que xogara cedido no Deportivo a segunda parte da tempada anterior.[31] Ao día seguinte anunciouse a renovación de Eneko Bóveda por dúas tempadas máis.[32] Ademais anunciouse que o club sumaba xa 16.575 socios, converténdose no equipo con máis abonados da historia da Segunda División B, superando os 16.326 do Oviedo na tempada 2014/15.[33]

Outubro

O 5 de outubro o club anunciou as renovacións de Borja Galán e Álex Bergantiños ata xuño de 2022 e de Keko Gontán ata xuño de 2024.[34][35][36] Ademais informouse da fichaxe do central Derik Osede, procedente do Numancia,[37] e da continuidade no club do uruguaio Diego Rolan, tras non concretarse a súa saída ao peche do mercado.[38] O 18 de outubro o Deportivo volveu xogar un partido de Segunda B case 40 anos despois, vencendo ao Salamanca en Riazor por 2-1.[39]

Xaneiro

O 11 de xaneiro o club anunciou a destitución de Fernando Vázquez e todo o corpo técnico. O seu despedimento chegou trala xornada 9, despois de que o equipo sufrise as súas dúas primeiras derrotas na liga, contra Celta B e Zamora.[40] Ao día seguinte anunciouse a contratación de Rubén de la Barrera.[41] A súa chegada supuxo que o Deportivo volvese ter un técnico coruñés, cousa que non ocorría dende había máis de dúas décadas con José Manuel Corral.[42] Converteuse ademais, con 35 anos, no técnico máis novo en dirixir o equipo nos últimos 44 anos, dende que José López collera provisionalmente as rendas na tempada 1976/77, tras as enfermidades de Héctor Rial e Cheché Martín.[43][44]

O 27 de xaneiro anunciouse a fichaxe do brasileiro Raí, procedente do Real Zaragoza. Chegou libre e asinou un contrato ata o final da tempada.[45]

Febreiro

O primeiro día de febreiro, derradeiro día do mercado invernal, anunciouse a saída de Diego Rolan cedido ata final de tempada ao Pyramids FC da liga exipcia.[46] O motivo da súa cesión foi o seu alto salario, "inasumible para un equipo de Segunda B".[47] O mesmo día anunciouse a marcha de Rui Costa ao Santa Clara dos Azores e a tramitación de fichas do primeiro equipo para Rayco e Villares, ata entón xogadores do Fabril.[48][49][50]

Tras perder o 7 de febreiro por 0-2 fronte ao Coruxo no Vao, o Deportivo pasou a ocupar a quinta praza do subgrupo.[51][52] Ao día seguinte o presidente Fernando Vidal e todo o consello de administración presentaron a súa dimisión por orde de Abanca, quedando como novo presidente Antonio Couceiro.

A finais de febreiro o equipo caeu na clasificación ata o punto máis baixo da súa historia ata aquel entón, ocupando a sexta praza do subrupo A e a décima tendo en conta o Grupo I completo.[53][54]

Marzo

O 25 de marzo anunciouse a Miguel Juane como novo secretario do club.[55]

Material deportivo

O equipamento do Deportivo é proporcionado por Macron e os patrocinadores son Estrella Galicia, Abanca e Luckia.

Persoal

Corpo técnico

Máis información Cargo, Nome ...
Cargo Nome
Adestrador Fernando Vázquez (ata xaneiro)
Rubén de la Barrera (dende xaneiro)
2º adestrador David Sánchez (ata xaneiro)
Secho (dende xaneiro)
Ad. de porteiros Alberto Casal
Preparador físico José Ángel Franganillo
Manuel Pombo (ata xaneiro)
Julio Hernando (dende xaneiro)
Analista Juan Ignacio Subirán
Pechar

Consello de administración

Máis información Cargo, Nome ...
Cargo Nome
Presidente Fernando Vidal Raposo (ata o 8 de febreiro)
Antonio Couceiro Méndez (dende o 8 de febreiro)
Secretario Juan Antonio Armenteros Cuetos (ata o 8 de febreiro)
David Villasuso Castaño (do 17 de febreiro ao 25 de marzo)
Miguel Juane (dende o 25 de marzo)
Conselleiros Manuel José Vázquez Martínez (ata o 8 de febreiro)
José Luis Queijeiro Fuentes (ata o 8 de febreiro)
Federico García Poncet (ata o 8 de febreiro)
Argimiro Vázquez Guillén (ata o 8 de febreiro)
Ricardo González Fernández (ata o 8 de febreiro)
Eduardo Blanco Pereira (dende o 8 de febreiro)
Carlos Cantó (dende o 8 de febreiro)
Emma Lustres (dende o 8 de febreiro)
David Villasuso Castaño (dende o 8 de febreiro)
Pechar

Mercado de fichaxes

Altas

Máis información Data, Pos. ...
Data Pos. Nome Procedencia Prezo
1 de setembro de 2020 MED España Borja Galán España Racing de Santander Fin da cesión
1 de setembro de 2020 DIA Uruguai Diego Rolan FC Juárez Fin da cesión
1 de setembro de 2020 DEF Galicia Jorge Valín Galicia Fabril Subido do filial
1 de setembro de 2020 MED Galicia Yago Gandoy Galicia Fabril Subido do filial
3 de setembro de 2020 DEF España Borja Granero España Extremadura UD Libre
3 de setembro de 2020 POR España Carlos Abad España Tenerife Libre
6 de setembro de 2020 MED Celso Borges Göztepe SK Libre
8 de setembro de 2020 POR Lucho García España Sevilla Libre
11 de setembro de 2020 MED España José Lara España Sevilla Cedido
12 de setembro de 2020 DEF España Héctor Hernández España Numancia Libre
18 de setembro de 2020 MED Uruguai Nacho González Uruguai Plaza Colonia 0 €
18 de setembro de 2020 DIA Portugal Rui Costa Portugal Porto 0 €
25 de setembro de 2020 DIA Miku Chipre Omonia Nicosia Libre
28 de setembro de 2020 MED Nixeria Uche Agbo Bélxica Standard de Liège
5 de outubro de 2020 DEF España Derik Osede España Numancia Libre
27 de xaneiro de 2021 DIA Raí España Zaragoza Libre
1 de febreiro de 2021 MED Galicia Villares Galicia Fabril Subido do filial
1 de febreiro de 2021 DIA España Rayco Galicia Fabril Subido do filial
Pechar

Baixas

Máis información Data, Pos. ...
Data Pos. Nome Destino Prezo
7 de agosto de 2020 DIA España Víctor Mollejo España Atlético de Madrid Fin da cesión
7 de agosto de 2020 MED España Peru Nolaskoain España Athletic Club Fin da cesión
7 de agosto de 2020 POR Aleksandar Jovanović España Huesca Fin da cesión
7 de agosto de 2020 DEF Senegal Abdoulaye Ba España Rayo Vallecano Fin da cesión
7 de agosto de 2020 DEF España Javi Montero España Atlético de Madrid Fin da cesión
7 de agosto de 2020 DIA España Hugo Vallejo España Real Madrid Fin da cesión
7 de agosto de 2020 MED Emre Çolak Fatih Karagümrük SK Fin de contrato
14 de agosto de 2020 DEF Grecia Vassilis Lampropoulos Alemaña VfL Bochum Rescisión de contrato
17 de agosto de 2020 DIA España Sabin Merino España CD Leganés Fin da cesión
28 de agosto de 2020 POR Galicia Dani Giménez España UD Logroñés Rescisión de contrato
1 de setembro de 2020 DIA España Borja Valle Romanía Dinamo de Bucarest Fin de contrato
2 de setembro de 2020 DEF España David Simón España FC Cartagena Fin de contrato
3 de setembro de 2020 DIA Christian Santos Alemaña VfL Osnabrück Fin de contrato
4 de setembro de 2020 MED Gaku Shibasaki España CD Leganés 0 €
4 de setembro de 2020 MED España David Sánchez España Hércules
7 de setembro de 2020 MED España Ager Aketxe España UD Almería Fin de contrato
7 de setembro de 2020 DEF España Luis Ruiz Galicia CD Lugo Fin de contrato
14 de setembro de 2020 DEF España Gerard Valentín Galicia CD Lugo Rescisión de contrato
18 de setembro de 2020 MED Fede Cartabia Emiratos Árabes Unidos Shabab Al-Ahli Cedido
23 de setembro de 2020 MED España Vicente Gómez India Kerala Blasters FC Rescisión de contrato
23 de setembro de 2020 DEF Italia Michele Somma Italia Palermo Rescisión de contrato
1 de febreiro de 2021 DIA Uruguai Diego Rolan Exipto Pyramids FC Cedido
1 de febreiro de 2021 DIA Portugal Rui Costa Portugal Santa Clara Rescisión de contrato
Pechar

Xogadores

Máis información Nº, Pos ...
Pos Nac Nome Liga Copa Total Disciplina
Aps Goles Aps Goles Aps Goles
1 POR España Carlos Abad 14 0 0 0 14 0
2 MED Galicia Jorge Valín 13 0 1 0 14 0 2
3 DEF España Mujaid Sadick 22 0 2 0 24 0 5 1
4 MED Galicia Álex Bergantiños 20 0 2 0 22 0 4
5 DEF España Eneko Bóveda 17 1 2 0 19 1 2
6 MED Nixeria Uche Agbo 17 0 1 0 18 0 5
7 DIA Miku 16 7 1 0 17 7 1
8 MED Celso Borges 20 2 2 0 22 2 4
9 DIA España Rayco 11 0 0 0 11 0 2
10 MED España José Lara 22 2 2 0 24 1 2 1
11 MED España Borja Galán 18 2 1 0 19 2 3
12 DIA Claudio Beauvue 15 1 2 0 17 1 2
13 POR Lucho García 10 0 1 0 11 0
14 MED Galicia Yago Gandoy 11 0 1 0 12 0 1
15 DIA Raí 13 0 0 0 13 0
16 MED Uruguai Nacho González 11 0 1 0 12 0 5
17 DEF España Héctor Hernández 12 1 2 0 14 1 2
18 DEF España Derik Osede 8 0 1 0 9 0
19 DEF España Borja Granero 23 1 1 0 24 1 4 1
20 MED España Keko Gontán 16 2 1 0 17 2 2
21 DEF España Salva Ruiz 16 0 1 0 17 0 4
22 MED Galicia Diego Villares 12 0 0 0 12 0 2
Xogadores do filial
Pos Nac Nome Liga Copa Total Disciplina
Aps Goles Aps Goles Aps Goles
23 DIA Galicia Adri Castro 7 1 0 0 7 1 1
29 DIA Galicia Manu Mosquera 1 0 1 0 2 0 1
32 MED Galicia Álex Barba 1 0 1 0 2 0
33 DEF Galicia Iván Guerrero 1 0 0 0 1 0
Pechar

Deixaron o equipo

Máis información Nº, Pos ...
Pos Nac Nome Liga Copa Total Disciplina
Aps Goles Aps Goles Aps Goles
22 DIA Uruguai Diego Rolan 4 0 1 0 5 2
9 DIA Portugal Rui Costa 7 0 2 0 9 0
Pechar

Clasificación

Primeira fase - Grupo I Subgrupo A

Máis información Pos, Equipos ...
Pos Equipos PX PG PE PP GF GC Dif Pts
1 Celta de Vigo B 18 9 3 6 22 20 +2 30
2 Unionistas de Salamanca CF 18 8 6 4 17 10 +7 30
3 Zamora CF 18 8 6 4 18 17 +1 30
4 Deportivo da Coruña 18 8 5 5 14 10 +4 29
5 Racing de Ferrol 18 7 6 5 22 17 +5 27
6 SD Compostela 18 5 10 3 20 16 +4 25
7 Pontevedra CF 18 5 6 7 19 19 0 21
8 Coruxo FC 18 6 2 10 16 23 -7 20
9 Salamanca CF 18 5 4 9 17 23 -6 19
10 CD Guijuelo 18 2 6 10 12 22 -10 12
Pechar

Pos = Posición; Pts = Puntos; PX = Partidos Xogados; PG = Partidos Gañados; PE = Partidos Empatados; PP = Partidos Perdidos; GF = Goles Anotados; GC = Goles Recibidos; Dif = Diferenza de goles

Clasificado para a Segunda Fase para Segunda División.
Clasificado para a Segunda Fase para Primeira División RFEF.
Clasificado para a Segunda Fase pola permanencia en Segunda División RFEF.

Segunda fase para a Primeira División RFEF - Grupo I D

Máis información Pos, Equipos ...
Pos Equipos PX PG PE PP GF GC Dif Pts
1 Racing de Ferrol 24 11 7 6 31 23 +8 40
2 Deportivo da Coruña 24 11 6 7 22 13 +9 39
3 CD Numancia 24 10 8 6 34 19 +15 38
4 UP Langreo 24 7 9 8 25 30 -5 30
5 SD Compostela 24 5 13 6 22 23 -1 28
6 Marino de Luanco 24 7 6 11 19 26 -7 27
Pechar

Pos = Posición; Pts = Puntos; PX = Partidos Xogados; PG = Partidos Gañados; PE = Partidos Empatados; PP = Partidos Perdidos; GF = Goles Anotados; GC = Goles Recibidos; Dif = Diferenza de goles

Ascende a Primeira División RFEF.
Permanencia en Segunda División RFEF.

Partidos

      Vitoria

      Empate

      Derrota

      Aprazado

Pretempada e amigables

Trofeo Teresa Herrera

Artigo principal: Trofeo Teresa Herrera 2020.

Segunda División B

Primeira fase

Segunda fase

Copa do Rei

Artigo principal: Copa do Rei de fútbol 2020/21.

Notas

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.