From Wikipedia, the free encyclopedia
A tempada 2009-2010 da Kontinental Hockey League foi a segunda tempada desta competición euroasiática de hóckey sobre xeo. A liga comezou o 10 de setembro de 2009 e finalizou o 27 de abril de 2010, cunha paréntese debida aos Xogos Olímpicos disputados en Vancouver entre o 8 de febreiro e o 3 de marzo de 2010.[1] O campión desta edición foi o equipo ruso Ak Bars Kazan, que conseguiu revalidar o título obtido na tempada inaugural logo de vencer na final disputada ao mellor de sete encontro ao tamén ruso HC MVD por catro vitorias a tres.
Tipo | Kontinental Hockey League |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo |
Localización e Datas | |
País | República Checa |
Período de tempo | tempada 2009-2010 |
Intervalo de tempo | 2009 – 2010 |
Competición | |
Primeiro posto | Ak Bars Kazan |
O 16 de xuño de 2009, a xunta directiva da KHL aprobou algúns trocos para a liga na tempada 009–10.[2]
A liga admitiu un novo equipo, o Avtomobilist Ekaterinburg. O Khimik Voskresensk non xogou na tempada 2009-2010 por problemas financeiros, mais continúa a ser membro da KHL e poderá retornar á competición no futuro, mentres tanto xogará na Vysshaya hokkeinaya liga. O número de equipos mantívose polo tanto en 24 para a tempada 2009-2010.
Os equipos agrupáronse xeograficamente para facilitar os desprazamentos. A liga dividiuse na Conferencia Oeste e na Conferencia Leste, estas dúas conferencias divídense á vez en dúas divisións de seis equipos. Cada equipo xoga contra os equipos da súa mesma división catro veces (un total de 20 partidos) e cada equipo xoga contra os outros equipos das outras divisións 2 veces (para un total de 36 partidos). Cada equipo xoga 56 partidos ao longo da liga regular.
Os oito mellores equipos de cada conferencia cualifícanse para os playoffs. As dúas primeiras prazas resérvanse aos campións de división.
En cada conferencia xóganse cuartos de final, semifinais e finais, os campións de cada conferencia se enfrontan na final da liga para facerse coa Gagarin Cup. Os cuartos de final de conferencia xóganse ao mellor de cinco partidos, mentres que o resto das series son ao mellor de sete encontros. Os períodos de prórroga duran 20 minutos ou ata que un dos dous equipos anote un gol de ouro.
O salario máximo para tódolos xogadores dun equipo limitouse a 620 millóns de rublos. O salario mínimo total para os xogadores estableceuse nos 200 millóns de rublos. A cada equipo da liga se lle concedeu un "xogador franquía" que non conta para o tope salarial.
Os equipos sénior podían contar con 25 xogadores, ao igual que os equipos júnior. O número de xogadores estranxeiros foi restrinxido a 5, e como moito un deles como porteiro.
A liga puxo en funcionamento unha maior e máis avanzada categoría inferior júnior para centrarse no desenvolvemento. Esta liga conta con xogadores de entre 17 e 21 anos.
O 1 de xuño de 2009 tivo lugar o primeiro draft da KHL. O instituto de cada equipo de hóckey puido protexer 25 xogadores do grupo de idade 17-21 antes do draft.
A KHL divídese en catro divisións configuradas en base á proximidade das poboacións entre si. Nesta edición tomaron parte un total de 24 equipos, sendo a meirande parte deles rusos (21), mentres que Belarús, Casaquistán e Letonia achegaron un cada un.
División | Equipo | Cidade/Área | Estadio | Capacidade | Fundación | Chegada (1) | Capitán |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Conferencia Leste | |||||||
Chernyshev | Amur | Khabarovsk | Platinum Arena | 7,100 | 1966 | 2006 | Alexei Kopeikin |
Avangard Omsk | Omsk | Omsk Arena | 10,200 | 1950 | 1991 | Alexander Svitov | |
Barys | Astana | Alatau Sports Palace | 5,532 | 1999 | 2008 | Kevin Dallman | |
Metallurg Novokuznetsk | Novokuznetsk | Kuznetsk Metallurgists SP | 8,040 | 1949 | 1992 | Maxim Galanov | |
Sibir | Novosibirsk | Ice Sports Palace Sibir | 7,400 | 1962 | 2002 | Alexander Boikov | |
Salavat Yulaev | Ufa | Ufa Arena | 8,400 | 1957 | 1992 | Vladimir Antipov | |
Kharlamov | Ak Bars Kazan | Kazan | Tatneft Arena | 10,000 | 1956 | 1992 | Aleksey Morozov |
Neftekhimik | Nizhnekamsk | SCC Arena | 5,500 | 1968 | 1995 | Andrei Ivanov | |
Avtomobilist Ekaterinburg | Ekaterinburgo | KRK Uralets | 5,500 | 2006 | 2009 | Alexander Gulyavtsev | |
Lada Togliatti | Tolyatti | Volgar Sports Palace | 2,900 | 1976 | 1991 | Yuri Petrov | |
Metallurg Magnitogorsk | Magnitogorsk | Magnitogorsk Arena | 7,700 | 1950 | 1990 | Evgeny Varlamov | |
Traktor Chelyabinsk | Chelyabinsk | Yunost Sport Palace | 7,500 | 1947 | 2006 | Andrei Nikolishin | |
Conferencia Oeste | |||||||
Tarasov | Atlant Moscow Region | Mytishchi | Mytishchi Arena | 7,000 | 1953* | Sergei Mozyakin | |
HC MVD | Balashikha | Balashikha Arena | 6,000 | 1949* | 2005 | Alexei Kudashov | |
Vityaz Chekhov | Chekhov | Ice Hockey Center 2004 | 3,300 | 1998* | 2005 | Chris Simon | |
Lokomotiv Yaroslavl | Yaroslavl | Arena 2000 | 9,000 | 1949 | 1987 | Ivan Tkachenko | |
Severstal | Cherepovets | Ice Palace | 6,000 | 1956 | 1989 | Alexander Shinin | |
Torpedo Nizhny Novgorod | Nizhny Novgorod | Trade Union Sport Palace | 5,500 | 1947 | 2007 | Alexei Trochshinsky | |
Bobrov | CSKA Moscova | Moscova | CSKA Ice Palace | 5,600 | 1946 | Konstantin Korneev | |
Dinamo Moscova | Moscova | Luzhniki Small Sports Arena | 8,700 | 1946 | Alexei Zhitnik | ||
Spartak Moscova | Moscova | LDS Sokolniki | 5,000 | 1946 | 2007 | Dmitry Upper | |
SKA San Petersburgo | San Petersburgo | Ice Palace | 12,300 | 1946 | 1992 | Maxim Sushinski | |
Dinamo Minsk | Minsk | Minsk-Arena | 15,000 | 2004 | 2008 | Ville Peltonen | |
Dinamo Riga | Riga | Arena Riga | 10,300 | 2008 | Sandis Ozoliņš |
Un asterisco (*) indica os equipos reubicados.
(1) Indica cando o club ascendeu máis recentemente á máxima categoría do hóckey ruso.
Na segunda edición da KHL tomaron parte un total de 718 xogadores repartidos nos 24 equipos que participaron. A meirande parte dos xogadores foron de nacionalidade rusa (529), mentres que tan só 189 xogadores non eran rusos.
País | Xogadores (2009/2010) | % de non rusos | % do total da liga |
---|---|---|---|
Rusia (21 equipo na KHL) | 529 | / | 73.6% |
Casaquistán (1 equipo na KHL) | 30 | 15.8% | 4.1% |
Belarús (1 equipo na KHL) | 26 | 13.7% | 3.6% |
República Checa | 25 | 13.2% | 3.4% |
Canadá | 25 | 13.2% | 3.4% |
Letonia (1 equipo na KHL) | 24 | 12.7% | 3.3% |
Eslovaquia | 20 | 10.6% | 2.7% |
Finlandia | 11 | 5.8% | 1.5% |
Suecia | 9 | 4.7% | 1.2% |
Ucraína | 8 | 4.2% | 1.1% |
Estados Unidos | 6 | 3.1% | 0.9% |
Alemaña | 2 | 1.1% | 0.2% |
Noruega | 1 | 0.5% | 0.1% |
Austria | 1 | 0.5% | 0.1% |
Suíza | 1 | 0.5% | 0.1% |
TOTAL | 718 (189 non rusos) | 100% | 100% (26.4% non rusos) |
A liga regular comezou o 10 de setembro de 2009 coa "Opening Cup" e finalizou o 7 de marzo de 2010. Producíronse pequenos paróns a causa das convocatorias das seleccións nacionais e o All-Star game, así como un largo parón polos Xogos Olímpicos celebrados na cidade canadense de Vancouver entre o 8 de febreiro e o 3 de marzo de 2010.[1] Cada un dos equipos xogou un total de 56 partidos (4 veces fronte aos equipos da súa división e 2 fronte os outros equipos da competición). O campión da liga regular recibiu por primeira vez a Continental Cup.[2]
Opening Cup O primeiro partido da KHL é a "Opening Cup", xogada entre os dous finalistas da edición anterior. No 2009, o partido disputouse no Tatneft Arena de Kazan e resultando gañador o equipo local do Ak Bars Kazan, que gañou ao Lokomotiv Yaroslavl por 3 goles a 2 no tempo extra. Os dous equipos vestiron uniformes especiais co logo da "Opening Cup".[3]
Regreso de Fetisov O 11 de decembro de 2009, a lenda do hóckey sobre xeo ruso Viacheslav Fetisov realizou un partido de retorno ao hóckey sobre xeo profesional á idade de 51 anos. Neste partido no que xogou co CSKA Moscova xogou oito minutos sen disparar á portería, mais creando un grande interese dos medios, non só para el senón tamén para o CSKA de Moscova e a propia KHL.[4]
Pelexa multitudinaria en Chekhov O 9 de xaneiro de 2010, no partido entre o Vityaz Chekhov e o Avangard Omsk, estalou unha multitudinaria pelexa no minuto catro do primeiro período que obrigou aos árbitros a suspender o partido, xa que só quedaban catro xogadores sen amoestar que puideran xogar. 33 xogadores e os adestradores dos dous equipos foron expulsados e produciuse un récord de 707 penalty minutes.[5] A KHL impuxo unha multa de 5.7 millñóns de rublos, suspendey a sete xogadores, e contou o partido como unha derrota por 5-0 para os dous equipos, sen repartir puntos a ningún dos dous equipos.[6]
All-Star Game O 2º All-Star Game da KHL disputouse o 30 de xaneiro de 2010 no Minsk-Arena de Minsk (Belarús). Ao igual que no ano anterior, o Equipo Jágr gañou fronte ao Equipo Yashin, desta vez por un marcador de 11 a 8.[7]
Continental Cup O 5 de marzo de 2010 o Salavat Yulaev Ufa gañou a primeira Continental Cup da historia da KHL logo de proclamarse campións de xeito matemático un partido antes de que finalizara a liga regular.[8]
Fonte: khl.ru[9]
Os puntos repártense do seguinte xeito:
Campión de División | |
Clasificado para os playoffs |
Conferencia Oeste
División Bobrov | PX | V | OTW | SOW | SOL | OTL | D | GF | GC | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
SKA San Petersburgo | 56 | 36 | 1 | 3 | 3 | 3 | 10 | 192 | 118 | 122 |
Dynamo Moscova | 56 | 28 | 2 | 3 | 4 | 3 | 16 | 166 | 151 | 101 |
Spartak Moscova | 56 | 24 | 4 | 4 | 4 | 0 | 20 | 178 | 168 | 92 |
CSKA Moscova | 56 | 22 | 3 | 5 | 4 | 1 | 21 | 148 | 135 | 87 |
Dinamo Riga | 56 | 23 | 1 | 3 | 4 | 3 | 22 | 174 | 175 | 84 |
Dinamo Minsk | 56 | 17 | 1 | 5 | 2 | 0 | 31 | 139 | 164 | 65 |
División Tarasov | PX | V | OTW | SOW | SOL | OTL | D | GF | GC | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
HC MVD | 56 | 30 | 1 | 0 | 6 | 4 | 15 | 160 | 135 | 102 |
Atlant Moscow Oblast | 56 | 24 | 4 | 9 | 1 | 2 | 16 | 173 | 137 | 101 |
Lokomotiv Yaroslavl | 56 | 26 | 3 | 2 | 4 | 4 | 17 | 163 | 132 | 96 |
Torpedo Nizhny Novgorod | 56 | 22 | 1 | 1 | 1 | 4 | 27 | 154 | 163 | 75 |
Severstal Cherepovets | 56 | 16 | 2 | 7 | 6 | 2 | 23 | 151 | 162 | 74 |
Vityaz Chekhov | 56 | 13 | 3 | 2 | 2 | 3 | 33 | 142 | 216 | 54 |
Conferencia Leste
División Kharlamov | PX | V | OTW | SOW | SOL | OTL | D | GF | GC | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Metallurg Magnitogorsk | 56 | 34 | 2 | 4 | 1 | 0 | 15 | 167 | 111 | 115 |
Ak Bars Kazan | 56 | 25 | 4 | 4 | 3 | 2 | 18 | 159 | 128 | 96 |
Neftekhimik Nizhnekamsk | 56 | 27 | 3 | 1 | 4 | 0 | 21 | 176 | 166 | 93 |
Traktor Chelyabinsk | 56 | 18 | 0 | 3 | 2 | 2 | 31 | 137 | 192 | 64 |
Avtomobilist Ekaterinburg | 56 | 14 | 2 | 6 | 2 | 4 | 28 | 127 | 159 | 64 |
Lada Togliatti | 56 | 14 | 0 | 2 | 6 | 3 | 31 | 115 | 173 | 55 |
División Chernyshev | PX | V | OTW | SOW | SOL | OTL | D | GF | GC | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Salavat Yulaev Ufa | 56 | 37 | 4 | 3 | 3 | 1 | 8 | 215 | 116 | 129 |
Avangard Omsk | 56 | 24 | 2 | 2 | 6 | 4 | 18 | 152 | 128 | 90 |
Barys Astana | 56 | 20 | 5 | 1 | 6 | 1 | 23 | 169 | 173 | 79 |
Sibir Novosibirsk | 56 | 15 | 2 | 5 | 3 | 1 | 30 | 147 | 190 | 63 |
Amur Khabarovsk | 56 | 12 | 3 | 6 | 4 | 2 | 29 | 129 | 187 | 60 |
Metallurg Novokuznetsk | 56 | 13 | 1 | 2 | 2 | 5 | 33 | 105 | 159 | 52 |
As clasificacións das conferencias determinarán os enfrontamentos do play-off. As dúas primeiras prazas de cada conferencia están reservadas para os campións de división.
Conferencia Oeste | XP | V | OTW | SOW | SOL | OTL | D | GF | GC | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
SKA San Petersburgo | 56 | 36 | 1 | 3 | 3 | 3 | 10 | 192 | 118 | 122 |
HC MVD | 56 | 30 | 1 | 0 | 6 | 4 | 15 | 160 | 135 | 102 |
Dinamo Moscova | 56 | 28 | 2 | 3 | 4 | 3 | 16 | 166 | 151 | 101 |
Atlant Moscow Oblast | 56 | 24 | 4 | 9 | 1 | 2 | 16 | 173 | 137 | 101 |
Lokomotiv Yaroslavl | 56 | 26 | 3 | 2 | 4 | 4 | 17 | 163 | 132 | 96 |
Spartak Moscow | 56 | 24 | 4 | 4 | 4 | 0 | 20 | 178 | 168 | 92 |
CSKA Moscow | 56 | 22 | 3 | 5 | 4 | 1 | 21 | 148 | 135 | 87 |
Dinamo Riga | 56 | 23 | 1 | 3 | 4 | 3 | 22 | 174 | 175 | 84 |
Torpedo Nizhny Novgorod | 56 | 22 | 1 | 1 | 1 | 4 | 27 | 154 | 163 | 75 |
Severstal Cherepovets | 56 | 16 | 2 | 7 | 6 | 2 | 23 | 151 | 162 | 74 |
Dinamo Minsk | 56 | 17 | 1 | 5 | 2 | 0 | 31 | 139 | 164 | 65 |
Vityaz Chekhov | 56 | 13 | 3 | 2 | 2 | 3 | 331 | 1421 | 2161 | 541 |
Conferencia Leste | PX | V | OTW | SOW | SOL | OTL | D | GF | GC | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Salavat Yulaev Ufa | 56 | 37 | 4 | 3 | 3 | 1 | 8 | 215 | 116 | 129 |
Metallurg Magnitogorsk | 56 | 34 | 2 | 4 | 1 | 0 | 15 | 167 | 111 | 115 |
Ak Bars Kazan | 56 | 25 | 4 | 4 | 3 | 2 | 18 | 159 | 128 | 96 |
Neftekhimik Nizhnekamsk | 56 | 27 | 3 | 1 | 4 | 0 | 21 | 176 | 166 | 93 |
Avangard Omsk | 56 | 24 | 2 | 2 | 6 | 4 | 181 | 1521 | 1281 | 901 |
Barys Astana | 56 | 20 | 5 | 1 | 6 | 1 | 23 | 169 | 173 | 79 |
Traktor Chelyabinsk | 56 | 18 | 0 | 3 | 2 | 2 | 31 | 137 | 192 | 64 |
Avtomobilist Ekaterinburg | 56 | 14 | 2 | 6 | 2 | 4 | 28 | 127 | 159 | 64 |
Sibir Novosibirsk | 56 | 15 | 2 | 5 | 3 | 1 | 30 | 147 | 190 | 63 |
Amur Khabarovsk | 56 | 12 | 3 | 6 | 4 | 2 | 29 | 129 | 187 | 60 |
Lada Togliatti | 56 | 14 | 0 | 2 | 6 | 3 | 31 | 115 | 173 | 55 |
Metallurg Novokuznetsk | 56 | 13 | 1 | 2 | 2 | 5 | 33 | 105 | 159 | 52 |
1 A KHL decidiu que, como resultado do partido entre Vityaz Chekhov e Avangard Omsk o 9 de xaneiro de 2010 que se suspendeu a causa dunha liorta que deixou aos dous equipos sen un número suficiente de xogadores para continuar, o xogo podería considerarse unha derrota por 5-0 para os dous equipos sen puntos que adxudicar.[6]
Goles | Marcel Hossa (Riga) | 35 |
Asistencias | Alexei Yashin (SKA) | 46 |
Puntos | Sergei Mozyakin (Atlant) | 66 |
Disparos a portería | Marcel Hossa (Riga) | 216 |
Plus-minus | Patrick Thoresen (Ufa) | +45 |
Penalty minutes | Darcy Verot (Chekhov) | 374 |
Vitorias (porteiros) | Robert Esche (SKA) | 29 |
Media de goles en contra | Petri Vehanen (Kazan) | 1.73 |
Porcentaxe de paradas | Petri Vehanen (Kazan) | 93.5 |
Shutouts | Vasily Koshechkin (Magnitogorsk) | 8 |
Porteiros: mínimo de 20 partidos xogados.
Fonte: khl.ru[12]
PX = Partidos xogados; G = Goles; A = Asistencias; Pts = Puntos; +/– = Plus-minus; PIM = Penalty minutes
Xogador | Equipo | PX | G | A | Pts | +/– | PIM |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Sergei Mozyakin | Atlant Moscow Oblast | 56 | 27 | 39 | 66 | +24 | 44 |
Maxim Sushinski | SKA San Petersburgo | 56 | 27 | 38 | 65 | +28 | 87 |
Alexei Yashin | SKA San Petersburgo | 56 | 18 | 46 | 64 | +21 | 38 |
Alexander Radulov | Salavat Yulaev Ufa | 54 | 24 | 39 | 63 | +44 | 62 |
Mattias Weinhandl | Dynamo Moscova | 56 | 26 | 34 | 60 | +10 | 36 |
Patrick Thoresen | Salavat Yulaev Ufa | 56 | 24 | 33 | 57 | +45 | 71 |
Marcel Hossa | Dinamo Riga | 56 | 35 | 19 | 54 | –3 | 44 |
Jiří Hudler | Dynamo Moscovo | 54 | 19 | 35 | 54 | +7 | 115 |
Branko Radivojevič | Spartak Moscova | 56 | 18 | 36 | 54 | –4 | 18 |
Sergei Zinovjev | Salavat Yulaev Ufa | 47 | 17 | 36 | 53 | +24 | 83 |
Fonte: khl.ru[13]
PX = Partidos xogados; Min = Minutos xogados; V = Vitorias; D = Derrotas; SOL = Shootout perdidos; GC = Goles en contra; SO = Shutouts; SV% = Porcentaxe de paradas; GAA = Media de goles en contra
Xogador | Equipo | PX | Min | V | D | SOL | GP | SO | SV% | GAA |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Petri Vehanen | Ak Bars Kazan | 25 | 1528:58 | 15 | 5 | 5 | 44 | 3 | .935 | 1.73 |
Alexander Yeremenko | Salavat Yulaev Ufa | 32 | 1769:55 | 24 | 5 | 0 | 52 | 2 | .931 | 1.76 |
Ilya Proskuryakov | Metallurg Magnitogorsk | 32 | 1809:31 | 19 | 8 | 4 | 58 | 4 | .927 | 1.92 |
Vasily Koshechkin | Metallurg Magnitogorsk | 49 | 2840:43 | 25 | 16 | 8 | 93 | 8 | .933 | 1.96 |
Michael Garnett | HC MVD | 44 | 2561:54 | 24 | 15 | 4 | 88 | 5 | .917 | 2.06 |
Primeira Rolda | Semifinais Conferencia | Finais Conferencia | Final da Copa Gagarin | |||||||||||
(mellor de 5) | (mellor de 7) | (mellor de 7) | (mellor de 7) | |||||||||||
1º- Salavat Yulaev | 3 | |||||||||||||
8º- Avtomobilist | 1 | |||||||||||||
Salavat Yulaev | 4 | |||||||||||||
Neftekhimik | 2 | |||||||||||||
4º- Neftekhimik | 3 | |||||||||||||
5º- Avangard | 0 | |||||||||||||
Salavat Yulaev | 2 | |||||||||||||
Ak Bars | 4 | |||||||||||||
3º- Ak Bars | 3 | |||||||||||||
6º- Barys | 0 | |||||||||||||
Ak Bars | 4 | |||||||||||||
Metallurg Mg. | 2 | |||||||||||||
2º- Metallurg Mg. | 3 | |||||||||||||
7º- Traktor | 1 | |||||||||||||
Ak Bars | 4 | |||||||||||||
HC MVD | 3 | |||||||||||||
1º- SKA | 1 | |||||||||||||
8º- Dinamo Riga | 3 | |||||||||||||
Dinamo Riga | 1 | |||||||||||||
HC MVD | 4 | |||||||||||||
2º- HC MVD | 3 | |||||||||||||
7º- CSKA | 0 | |||||||||||||
HC MVD | 4 | |||||||||||||
Lokomotiv | 3 | |||||||||||||
3º- Dynamo Moscova | 1 | |||||||||||||
6º- Spartak | 3 | |||||||||||||
Spartak | 2 | |||||||||||||
Lokomotiv | 4 | |||||||||||||
4º- Atlant | 1 | |||||||||||||
5º- Lokomotiv | 3 | |||||||||||||
Goles | Alexei Ugarov (Balashikha) | 9 |
Asistencias | Alexander Radulov (Ufa) Alexei Tsvetkov (Balashikha) | 11 |
Puntos | Alexander Radulov (Ufa) | 19 |
Disparos a portería | Martin Štrbák (Balashikha) | 63 |
Plus-minus | Josef Vašíček (Yarsolavl) | +15 |
Penalty minutes | Dmitri Kalinin (Ufa) | 58 |
Vitorias (porteiros) | Petri Vehanen (Kazan) | 15 |
Media de goles en contra | Ivan Kasutin (Nizhnekamsk) | 1.36 |
Porcentaxe de paradas | Ivan Kasutin (Nizhnekamsk) | 95.5 |
Shutouts | Ivan Kasutin (Nizhnekamsk) Petri Vehanen (Kazan) Dimitri Kotschnew (Moscow) | 2 |
Porteiros: mínimo 5 partidos xogados
Fonte: khl.ru[16]
PX = Partidos xogados; G = Goles; A = Asistencias; Pts = Puntos; +/– = Plus-minus; PIM = Penalty minutes
Player | Team | GP | G | A | Pts | +/– | PIM |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Alexander Radulov | Salavat Yulaev Ufa | 16 | 8 | 11 | 19 | +7 | 10 |
Niko Kapanen | Ak Bars Kazan | 22 | 8 | 9 | 17 | +3 | 6 |
Alexei Tsvetkov | HC MVD | 22 | 5 | 11 | 16 | +6 | 14 |
Alexander Galimov | Lokomotiv Yaroslavl | 16 | 8 | 6 | 14 | +4 | 33 |
Patrick Thoresen | Salavat Yulaev Ufa | 15 | 5 | 9 | 14 | +3 | 37 |
Fonte: khl.ru[17]
PX = Partidos xogados; Min = Minutos xogados; V = Vitorias; D = Derrotas; GC = Goles en contra; SO = Shutouts; SV% = Porcentaxe de paradas; GAA = Medias de goles en contra
Xogador | Equipo | PX | Min | V | D | GC | SO | SV% | GAA |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ivan Kasutin | Neftekhimik Nizhnekamsk | 9 | 528:58 | 5 | 4 | 12 | 2 | .954 | 1.36 |
Petri Vehanen | Ak Bars Kazan | 22 | 1388:40 | 15 | 7 | 37 | 2 | .937 | 1.60 |
Alexander Eremenko | Salavat Yulaev Ufa | 12 | 725:34 | 8 | 4 | 52 | 1 | .934 | 1.65 |
Georgi Gelashvili | Lokomotiv Yaroslavl | 17 | 1050:13 | 10 | 6 | 33 | 1 | .933 | 1.89 |
Edgars Masaļskis | Dinamo Riga | 6 | 373:30 | 3 | 2 | 12 | 1 | .934 | 1.93 |
Mellores xogadores da KHL por mes.
Mes | Porteiro | Defensa | Dianteiro | Novato |
---|---|---|---|---|
Setembro[18] | Ilya Proskuryakov (Magnitogorsk) | Konstantin Korneyev (CSKA) | Kirill Knyazev (Spartak) | Sergei Belokon (Vityaz) |
Outubro[19] | Karri Rämö (Omsk) | Dmitri Kalinin (Ufa) | Mattias Weinhandl (Dynamo M) | Linus Omark (Dynamo M) |
Novembro[20] | Georgi Gelashvili (Yaroslavl) | Sergei Zubov (SKA) | Maxim Sushinsky (SKA) | Nikita Filatov (CSKA) |
December[21] | Vitaliy Yeremeyev (Dynamo M) | Dmitri Bykov (Atlant) | Sergei Mozyakin (Atlant) | Nikolai Belov (Neftekhimik) |
Xaneiro[22] | Robert Esche (SKA) | Sergei Zubov (SKA) | Geoff Platt (Minsk) | Alexander Komaristy (Chekhov) |
Febreiro | Parón Olímpico | |||
Marzo[23] | Ivan Kasutin (Neftekhimik) | Alexander Guskov (Yaroslavl) | Alexander Radulov (Ufa) | Konstantin Plaksin (Traktor) |
Abril[24] | Petri Vehanen (Kazan) | Ilya Nikulin (Kazan) | Alexei Tsvetkov (HC MVD) | non se concedeu |
O 25 de maio de 2010, a KHL celebrou a súa cerimonia anual de recoñecementos. Concedéronse un total de 20 premios diferentes aos equipos, xogadores, árbitros e medios de comunicación.[25] A continuación os premios máis importantes e os seus gañadores:
Stick dourado (MVP da liga regular) | Alexander Radulov (Ufa) |
Play-off Master Award (MVP dos playoffs) | Ilya Nikulin (Kazan) |
Premio Alexei Cherepanov (mellor novato) | Anatoli Nikontsev (Ekaterinburg) |
A liga concedeu tamén seis "Cascos de Ouro" aos compoñentes do sexteto ideal:
Dianteiros | Alexander Radulov Salavat Yulaev Ufa |
Marcel Hossa Dinamo Riga |
Sergei Mozyakin Atlant Moscow Oblast | |||
Defensas | Sergei Zubov SKA St. Petersburg |
Dmitri Kalinin Salavat Yulaev Ufa | ||||
Porteiros | Michael Garnett HC MVD |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.