![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/85/Tile_roofs-edit.jpg/640px-Tile_roofs-edit.jpg&w=640&q=50)
Tella (construción)
From Wikipedia, the free encyclopedia
A tella é un elemento construtitvo usado na cobertura de casas e outras edificacións. Adóitase facer de arxila (cerámica), mais pode ser producida nunha gran variedade de materiais, como pedra, cemento, amianto, metal, vidro, plástico, madeira, entre outros.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2012.) |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/85/Tile_roofs-edit.jpg/640px-Tile_roofs-edit.jpg)
Como regra, son usados conxuntos de tellas que, integrándose unhas nas outras, formarán un tipo de cuberta denominada tellado, e diferenciándose dos feitos en pedra ou lousa: lousados, ou en palla ou colmo: colmados. Unha boa tella ofrece encaixes precisos, evitando a filtración de auga ou vento, e achegando resistencia á intemperie e rendimento acorde co previsto no material empregado.
A decisión do tipo e material axeitados da tella usada depende de factores como a incidencia de choivas ou neve, temperaturas medias da rexión, tipoloxía da construción, vans e, naturalmente, dispoñibilidade de materiais, man de obra local e o modo no que o material será utilizado.
En Galicia o uso da tella vén xa da época romana, comezando a se empregar nos primeiros castros romanizados, porén o uso de cubertas vexetais e de pedra mantense até hoxe.