Telefilme
filme producido e emitido por unha canle de televisión / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un telefilme[1] é un filme producido e orixinalmente emitido por unha canle de televisión.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
O formato apareceu nos Estados Unidos a principios da década de 1960 para incentivar aos epectadores para que visen na casa unha película equivalente ás longametraxes exhibidas en salas de cinema.
Os telefilmes adoitan teren orzamentos menores que o das películas realizadas para o cinema, pero contan cun número de xéneros e temas tan amplos como as obras cinematográficas.
Ás veces os telefilmes concíbense como episodios especiais de series de televisión en curso coa intención de atraer máis audiencia, ou ben como secuelas de longametraxes de cine. Con frecuencia ródanse como telefilmes os episodios piloto das series de televisión.
Nalgúns países como o Reino Unido ou España prodúcense numerosos telefilmes cada. No caso de España os primeiros telefilmes existosos datan dos anos 1980, destacando Fortunata y Jacinta, de Mario Camus, sobre a novela de Benito Pérez Galdós, e Os gozos e as sombras, de Rafael Moreno Alba, baseada na novela Los gozo y las sombras de Gonzalo Torrente Ballester (que supervisou a adaptación),