Teflón
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O politetrafluoretileno (PTFE) é un polímero coñecido mundialmente polo nome comercial Teflon(R), marca rexistrada de propiedade da empresa estadounidense DuPont[1].
Descuberto accidentalmente por Roy J. Plunkett (1910-1994) para a empresa DuPont, en 1938, e presentado para fins comerciais en 1946, o PTFE é un polímero similar ao polietileno, onde os átomos de hidróxeno están substituídos por flúor, sendo así un fluoropolímero e un fluorocarbono.
A fórmula química do monómero, o tetrafluoretileno, é CF2=CF2, e o polímero -(CF2-CF2)n-
A marca Teflon® engloba ademais outras resinas derivadas do PTFE, tales como a resina PFA ( perfluoroalcóxido), a resina FEP ( etileno propileno fluorado ) e a resina ETFE ( etil tri flúor etileno ).
A principal virtude deste material é que é unha substancia practicamente inerte, non reacciona con outras substancias químicas excepto en situacións moi especiais. Isto débese basicamente á protección dos átomos de flúor sobre a cadea carbónica. Esta carencia de reactividade permite que a súa toxicidade sexa practicamente nula sendo, tamén, o material co terceiro máis baixo coeficiente de rozamento de todos os materiais sólidos coñecidos. Outra cualidade característica é a súa impermeabilidade mantendo, por tanto, as súas cualidades en ambientes húmidos. Por estas características especiais, alén da baixa adherencia e aceptabilidade óptima polo corpo humano, é usado en diversos tipos de próteses.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.