Taxodium
xénero de plantas / From Wikipedia, the free encyclopedia
Taxodium [2] é un xénero de árbores que comprende dunha a tres especies (dependeno da opinión taxonómica) de coníferas extremadamente tolerantes aos asolagamentos da familia dos alciprestes, Cupressaceae. O nome do xénero deriva da palabra latina taxus, que significaba 'teixo', e da palabra grega εἶδος (eidos), que significa 'similar a'.[3] Dentro da familia, Taxodium está máis estreitamente relacionado cos alciprestes asiáticos Glyptostrobus pensilis e Cryptomeria japonica.
Taxodium Rango fósil: Cetáceo tardío - Actual | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Bosque de Taxodium distichum nun lago do centro de Mississippi | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
|
As especies de Taxodium viven na parte sur de Norteamérica e son de folla caduca no norte e de semiperennes a perennes no sur. Son árbores grandes, que chegan a medrar entre 30 e 46 m de altura e de 2 a 3 m de diámetro do tronco (excepcionalmente 11 m). As follas aciculares, de 2 a 3 cm de longo, crecen en disposición espiral no talo, retortas na base, de modo que aparecen en dúas ringleiras planas a cada lado do talo. Os conos son globosos, de 2 a 3,5 cm de diámetro, con de 10 a 25 escamas, cada escama leva unha ou dúas sementes; maduran de 7 a 9 meses despois da polinización, cando se desintegran para liberar as sementes. Os conos masculinos (con pole) orixínanse nun acio penduloso, e soltan o pole en cada primavera. Os Taxodium teñen pneumatóforos, raíces que crecen en e ao a carón da auga, que son proxeccións leñosas que crecen por riba da superficie da auga que se cre serven para transportar oxíxeno ao sistema radicular.