![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/04/Cetus_constellation_map.svg/langgl-640px-Cetus_constellation_map.svg.png&w=640&q=50)
Tau Ceti
From Wikipedia, the free encyclopedia
Tau Ceti (τ Cet, τ Ceti)[1] é unha estrela da constelación de Cetus[2] que se asemella espectralmente ó sol, malia que só ten o 78% da masa do sol. A unha distancia de pouco menos de 12 anos luz do sistema solar, é unha estrela relativamente achegada, e é a estrela solitaria máis próxima de tipo G.[3] A estrela semella estable, cunha lixeira variación estelar.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/04/Cetus_constellation_map.svg/250px-Cetus_constellation_map.svg.png)
Tau Ceti é deficiente do metal, o cal se relaciona acotío cando non hai planetas xigantes e poucos planetas rochosos. As observacións detectaron que hai dez veces máis po que o presente no sistema solar.
Dende decembro de 2012, hai probas de cinco planetas orbitando Tau Ceti, e un deles pode estar potencialmente na zona de habitabilidade.[4][5] Por mor do disco residual, calquera planeta que orbite Tau Ceti pode padecer máis impactos astronómicos que a Terra. Malia este atranco de habitabilidade, as súas características como análogo solar (semellante ó Sol) fixeron medrar o interese pola estrela. De acordo coa súa estabilidade, semellanza e relativa proximidade ó Sol, Tau Ceti está sempre na lista de obxectivos do proxecto da Search for Extra-Terrestrial Intelligence (SETI), e aparece na literatura de ciencia ficción.[6]