poeta noruegués From Wikipedia, the free encyclopedia
Tarjei Vesaas, nado o 20 de agosto de 1897 e finado o 15 de marzo de 1970, foi un poeta e novelista noruegués. Está considerado un dos máis importantes escritores da Noruega do século XX.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de agosto de 1897 Vinje, Noruega (pt) |
Morte | 15 de marzo de 1970 (72 anos) Rikshospitalet, Noruega (en) |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor, novelista, escritor de contos |
Xénero artístico | Poesía e obra de teatro |
Familia | |
Cónxuxe | Halldis Moren Vesaas (1934–) |
Fillos | Olav Vesaas, Guri Vesaas |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Весос Тарьей) Obálky knih, |
Vesaas naceu en Vinje (Telemark), fillo do granxeiro Olav Vesaas (1870-1951) e a profesora Signe Øygarden (1870-1953).[2] Foi o máis vello de tres irmáns. O seu sentimento de culpa por non facerse cargo da granxa familiar influenciou a súa escrita. Vesaas pasou gran parte da súa mocidade en soidade, gozando do afastamento da natureza. Casou coa tamén escritora Halldis Moren Vesaas (filla de Sven Moren e irmá de Sigmund Moren), coa que se trasladou a Midtbø en 1934. Tiveron dous fillos: un neno, Olav Vesaas, e unha nena, Guri Vesaas.[2]
Os seus libros foron compostos durante un período de cincuenta anos, entre 1923 e 1970. Vesaas escribiu en nynorsk, e a súa obra caracterízase por unha prosa sinxela, sobria e simbólica. As súas historias adoitan relatar a vida de persoas do rural que sofren de graves traumas psicolóxicos. Entre os seus temas predilectos, atópanse a morte, a culpa, a angustia, tratados sobre o fondo da paisaxe natural norueguesa. A súa ópera prima foi Menneskebonn ("Fillos dos humanos", 1923), mais o seu primeiro libro de transcendencia foi Det store spelet ("O gran ciclo", 1934). A súa mestría no emprego do nynorsk contribuíu á súa consolidación como medio literario.[2]
As súas novelas máis coñecidas son Is-slottet ("O palacio de xeo", 1963), que xira arredor da relación entre dúas rapazas, e Fuglane ("Os paxaros", 1957), sobre un adulto coa mentalidade dun neno. Os seus libros foron traducidos a 28 linguas.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.