Taraxacum
xénero de plantas / From Wikipedia, the free encyclopedia
Taraxacum é un gran xénero de plantas con flor da familia Asteraceae nativo de Eurasia e Norteamérica, pero con dúas especies que se estenderon por case todo o mundo, T. officinale (o mexacán[2] ou leitaruga) e T. erythrospermum, que foron importadas de Europa e propagáronse despois como plantas silvestres.[3] Estas dúas especies son comestibles.[4]. Igual que outros membros da familia Asteraceae, teñen pequenas flores todas xuntas formando unha inflorescencia arredondada en capítulo. Moitas especies de Taraxacum producen sementes asexualmente por apomixe, na cal as sementes se orixinan sen polinización, dando lugar a unha descendencia que é xeneticamente idéntica á planta parental.[5]
Taraxacum | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||
Taraxacum officinale [1] F. H. Wigg. |