Tambor (arquitectura)
From Wikipedia, the free encyclopedia
En arquitectura, o tambor é un elemento arquitectónico estrutural sobre o que se asenta unha cúpula e prolonga esta.[1] Na maioría dos casos a súa forma é cilíndrica aínda que pode ser poligonal, xeralmente octogonal.
Tamén se refire, a cada unha das pezas cilíndricas que forma o fuste dunha columna; especialmente no estilo dórico da arte grega antiga.