También la lluvia
filme de 2010 dirixido por Icíar Bollaín / From Wikipedia, the free encyclopedia
También la lluvia é un filme dirixido por Icíar Bollaín que se estreou no 2010. É a quinta longametraxe de Bollaín e a primeira que non escribe ela, e parte dun guión de Paul Laverty, guionista habitual do británico Ken Loach, ademais de compañeiro e pai dos tres fillos da cineasta madrileña. O argumento versa sobre un director mexicano, Sebastián (Gael García Bernal), e o seu produtor executivo Costa (Luís Tosar), que viaxan a Bolivia para rodar un filme sobre a conquista de Cristovo Colón. Sebastián e Costa enfróntanse a unha crise de moral dende que eles e o seu equipo chegan a Cochabamba, Bolivia, xa que daquela estábanse producindo as Protestas de Cochabamba de 2000 e o seu actor nativo estrela, Daniel (Juan Carlos Aduviri) é o líder dos manifestantes.
También la lluvia | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | También la lluvia |
Director | Icíar Bollaín |
Produtor | Juan Gordon Pilar Benito Eric Altmayer Monica Lozano Serrano Emma Lustres |
Guión | Paul Laverty |
Intérpretes | Luís Tosar Gael García Bernal Juan Carlos Aduviri Karra Elejalde Raúl Arévalo |
Música | Alberto Iglesias |
Fotografía | Alex Catalán |
Montaxe | Angel Hernández Zoido |
Estudio | Morena Films Alebrije Cine y Video Mandarin Cinema |
Distribuidora | Vitagraph Films |
Estrea | Festival de Toronto: 16 de setembro de 2010 |
Duración | 104 minutos |
Orixe | España México Francia |
Xénero | Drama |
Orzamento | 5 millóns de euros |
Recadación | 5,8 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
https://www.hautetcourt.com/ | |
O filme recibiu galardóns e nomeamentos internacionais, incluíndo un Premio Ariel para o mellor filme iberoamericano e tres Premios Goya, sendo un dos cales o de mellor banda sonora para Alberto Iglesias. Ademais, o filme foi considerado como candidato de España para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa.