From Wikipedia, the free encyclopedia
Talasa (en grego Θάλασσα), tamén coñecida coma Neptuno IV, é o segundo satélite máis próximo (ou interior) de Neptuno. Talasa foi nomeada máis tarde co nome da filla de Aether (Éter) e Hemera a partir da mitoloxía grega. "Talasa" significa en grego "mar".
Náiade ou Talasa vista dende a Voyager 2 (o difuso da imaxe causa unha excesivo alongamento) | |
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | Richard J. Terrile[1] e o equipo de Imaxes do Voyager |
Descuberta en | Setembro do 1989 |
Características orbitais[2] | |
Época 18 de agosto do 1989. | |
Eixo semi-maior | 50.075 ± 1 km |
Excentricidade | 0,0002 ± 0,0002 |
Período orbital | 0,31148444 ± 0,00000006 d |
Inclinación | 0,21 ± 0,02° (respecto do ecuador de Neptuno) 0,21° (respecto do plano local de Laplace) |
É un satélite de | Neptuno |
Características físicas | |
Dimensións | 108×100×52 km[3][4] |
Radio medio | 41 ± 3 km[5] |
Masa | ~3,5 x 1017 kg (baseada nunha densidade asumida) |
Densidade media | ~1,2 g/cm3 (estimada) |
Período de rotación | asumida coma sincrónica |
Oblicuidade da eclíptica | ~presumiblemente cero |
Albedo (xeométrico) | 0,09[3][4] |
Temperatura superficial | ~51 K de media (estimada) |
Atmosfera | sen atmosfera |
Talasa foi descuberta nalgún momento antes de mediados de setembro do 1989 a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2. Déuselle temporalmente a designación S/1989 N 5.[6] O descubrimento foi anunciado (IAUC 4867) o 29 de setembro do 1989, pero o texto só falaba de "25 fotogramas tomados durante 11 días", dando unha data do descubrimento que debeu ser algúns días antes do 18 de setembro. O seu nome foille outorgado o 16 de setembro do 1991[7].
Talasa amosa unha forma irregular e non amosa signos de modificacións xeolóxicas. É máis coma unha pila de cascallos "reagrupados" a partir de fragmentos de satélites orixinais de Neptuno, os cales foron pulverizados polas perturbacións de Tritón pouco despois de que a lúa fose capturada na súa moi excéntrica órbita inicial[8]. Algo moi infrecuente nos corpos irregulares é que Talasa ten unha forma semellante á dun disco.
A órbita de Talasa está por debaixo do radio das órbitas sincrónicas de Neptuno, está pois nunha lenta espiral cara ó planeta debido ó efecto de desaceleración que as mareas gravitatorias provocan e eventualmente podería impactar contra a atmosfera de Neptuno, ou partirse, creando un anel planetario unha vez traspasado o límite de Roche, debido á dispersión dos fragmentos da lúa. Relativamente pouco tempo despois, parte dos fragmentos dispersados poderían invadi-la órbita de Despina.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.