Tabernas
concello da provincia de Almería, Andalucía / From Wikipedia, the free encyclopedia
Tabernas é un concello español da provincia de Almería (Andalucía). Atópase a unha altitude de 404 metros sobre o nivel do mar e a 29 km da capital de provincia, Almería. Situada a carón da zona desértica que leva o seu nome, Tabernas ten unha taxa de precipitación media anual de 243 mm, polo que é unha das vilas máis secas de Europa. O seu deserto é coñecido por ser o lugar de rodaxe de ducias de Spaghetti Western. O municipio acolle cada ano o Almería Western Film Festival, ademais de ser a sede da Plataforma Solar de Almería, un centro de investigación en enerxía solar térmica pertencente ao CIEMAT.
Datos rápidos Localización, Capital ...
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Almería | ||||
Capital | Tabernas | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.032 (2023) (14,35 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 281 km² | ||||
Altitude | 404 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | María de las Nieves Jaén Franco | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 04200 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 04088 | ||||
Páxina web | tabernas.es | ||||
Pechar