![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ee/T%25C3%25BApac_Katari.jpg/640px-T%25C3%25BApac_Katari.jpg&w=640&q=50)
Túpac Katari
indíxena aimará / From Wikipedia, the free encyclopedia
Julián Apaza Nina, máis coñecido como Túpac Catari, Túpaj Katari, ou simplemente Katari, nado en Ayo Ayo, provincia de Sica Sica, Vicerreinado do Perú, 1750, e finado na Paz o 15 de novembro de 1781, foi un indíxena aimará, líder das actividades independentistas de Bolivia e dunha rebelión indíxena contra o Imperio español a comezos da década de 1780. A súa irmá Gregoria Apaza, e a súa muller Bartolina Sisa, participaron na rebelión ó seu carón.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1750 ![]() Ayo Ayo ![]() |
Morte | 15 de novembro de 1781 ![]() A Paz ![]() |
Causa da morte | pena de morte, desmembramento ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Vicerreinado do Perú ![]() |
Actividade | |
Ocupación | líder amerindio ![]() |
Lingua | Lingua castelá e Lingua aimará ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Bartolina Sisa |
Irmáns | Gregoria Apaza ![]() |
![]() |
Polos seus esforzos, a súa derrota, tortura e brutal execución, (estirado polas extremidades até ser desmembrado), Túpac Katari é lembrado como un heroe polos movementos indíxenas da Bolivia moderna, que chaman á súa filosofía política Katarismo. Un grupo guerrilleiro boliviano, o Exército Guerrilleiro Túpac Katari, leva ese nome na súa honra.