Tíbet
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Tíbet[1][2] (བོད་ Bodo tibetano e Xizang 西藏 en chinés) é unha rexión xeográfica de Asia, que designa tres entidades distintas:
- Rexión Autónoma do Tíbet (西藏自治区 Xīzàng zìzhìqū (Pinyin) བོད་རང་སྐྱོང་ལྗོངས་ Bod Rang Skyong Lbyongs) que é unha rexión administrativa da China cun estatuto particular, coma o Xinjiang ou a Mongolia Interior;
- a meseta do Tíbet, zona xeográfica situada ao norte do Himalaia, coñecida como «teito do mundo», formada de altas mesetas desérticas dominadas por potentes cadeas de oeste e (Kouen-louen, Trans-Himalaia);
- a zona de poboamento Tibetano, correspondente cunha area lingüística onde o tibetano é a lingua maioritariamente utilizada, así como unha área cultural cunha especificidade marcada, cunha relixión común: o lamaísmo, variante do budismo.
Datos rápidos Localización, Territorio reivindicado por ...
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Territorio reivindicado por | Administração Central Tibetana (pt) | ||||
Estado | República Popular da China | ||||
Rexións autónomas da República Popular da China | Tíbet | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.002.166 (2010) (1,2 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.500.000 km² | ||||
Altitude | 4.380 m | ||||
Punto máis alto | Everest (8.848,86 m) | ||||
Pechar
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Este artigo amosa escritos tibetanos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O nome occidental Tibet, vén do nome mongol Töbüt; non está ligado ao nome tibetano bode. En chinés, o nome antigo do Tíbet é Tufan 吐蕃 (incorrectamente pronunciado Tubo por moitos chineses), mais o nome actual da rexión Xizang 西藏 significa literalmente gTsang occidental, facendo referencia a esta rexión do Tíbet.