![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bd/Duccio_The-Madonna-and-Child-128.jpg/640px-Duccio_The-Madonna-and-Child-128.jpg&w=640&q=50)
Témpera
técnica pictórica / From Wikipedia, the free encyclopedia
A témpera é unha técnica pictórica que utiliza cores diluídas en auga mesturadas con aglutinantes, por exemplo auga con cola forte ou con xema de ovo batida, o ovo enteiro ou soamente a clara, usada para esluír as cores da pintura ao témpero e fixalas[1][2].
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bd/Duccio_The-Madonna-and-Child-128.jpg/640px-Duccio_The-Madonna-and-Child-128.jpg)
Por extensión chámase témpera á preparación pictórica que utiliza esta técnica ou á obra realizada con esta técnica[3]. Referida na obra de Cennino Cennini, Il Libro dell´Arte, do final do século XIV, a técnica de pintura a témpera foi largamente utilizada na arte italiana nos séculos XIV e XV, tanto en frescos como en paneis de madeira preparados con xeso ou xiz[4]. Dadas as limitacións da técnica na gradación das tonalidades dunha cor, esta sería substituída, por pintores e artesáns, pola pintura ao óleo.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0b/Sandro_Botticelli_-_La_nascita_di_Venere_-_Google_Art_Project_-_edited.jpg/640px-Sandro_Botticelli_-_La_nascita_di_Venere_-_Google_Art_Project_-_edited.jpg)
Dende o punto de vista tecnolóxico, a gradación de tonalidades e a fusión de cores son difíciles por mor do secado rápido. De aí, a técnica utilizada para esa fin é a sobreposición de pinceladas coa pintura seca, con puntos ou liñas claras ou escuras, e con cruzamento de riscos. Pódese tamén traballar co verniz resinoso ou cunha goma sobre a tinta, realzando o brillo e os matices. En canto ao resultado final, as cores da témpera son brillantes e translúcidas, no entanto é posíbel crear cores opacas e fortes, sempre que o pigmento sexa menos diluído no aglutinante.