Clara de ovo
parte do ovo / From Wikipedia, the free encyclopedia
A clara de ovo, branco do ovo ou albume[1] é a parte transparente da célula de ovo, que circunda a xema e está formada predominantemente por auga e pola proteína albumina. Coa calor, a albumina sofre desnaturalización e coagula.[2]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Clara.
A clara de ovo posúe un núcleo triploide que moitas veces acumula reservas nutritivas, utilizadas polo embrión durante o seu desenvolvemento. Co desenvolvemento do embrión, os tecidos do óvulo tórnamse deshidratados, e os envoltorios do óvulo, impermeábeis.
A nivel gastronómico é a substancia líquida e transparente que arrodea a xema do ovo, que se torna branca ao fritila ou cocela[3].