Sínodo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un sínodo é unha reunión do bispo cos seus sacerdotes para o estudo de problemas da vida espiritual ou o tratamento de custións de fe[1], e para dar forza ás leis eclesiásticas, a través da eliminación de abusos, a través da promoción de vida do cristián, fomentar o culto divino, e a práctica relixiosa. Non parece que tiveran unha periodicidade regular, a pesar de que no Concilio de Huesca (598) se estableceu a obriga de realizar anualmente un sínodo[2].
Durante a Alta Idade Media, celebráronse varios sínodos como os de Vic dos anos 1030 e 1033, pero non se levarán a cabo cunha certa regularidade até o século XIII.[3]
O sínodo dos bispos é unha institución eclesiástica antiga que foi revitalizada polo Concilio Vaticano II. A principal diferenza cos Concilios, é que menstres estes teñen poder para definir dogmas e para lexislar, os sínodos son órganos consultivos, e a súa misión principla é a de asesoramento ao Papa sobre unha cuestión concreta[4].