O Swansea City Association Football Club (galés: Clwb Pêl-droed Dinas Abertawe) é un club de fútbol galés da cidade de Swansea. Foi fundado en 1912 e compite na Premier League. O seu campo é o Liberty Stadium, con capacidade para 20.750 espectadores. Fundado en 1912 como Swansea Town AFC, adoptou en 1969 a súa denominación actual tras obter Swansea o status de cidade. Uniuse á Football League en 1921 e é membro dende entón. Entre 1981 e 1983 xogou na First Division, máxima categoría do fútbol inglés, acabando sexto na súa primeira tempada. Na tempada 2010/11 conseguiu o ascenso á Premier League, sendo o primeiro club de Gales que disputa esta competición dende a súa fundación en 1992.
Swansea City | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Swansea City Association Football Club | |||
Alcume(s) | The Jacks; The Swans | |||
Fundación | 1912 | |||
Estadio | Liberty Stadium, Swansea, Gales | |||
Inauguración | 2005 | |||
Capacidade | 20.750 | |||
Presidente | Huw Jenkins | |||
Adestrador | Francesco Guidolin | |||
Liga | Premier League | |||
2013–14 | 12º | |||
Vestimenta | Adidas | |||
Patrocinador | GWFX | |||
Na rede | ||||
http://www.swanseacity.net/ | ||||
| ||||
O Swansea City é un dos 6 equipos galeses que participan na liga inglesa. Ata o ano 1992, a FAW non organizaba ningún torneo ligueiro, coa posta en marcha da Welsh Premier League, o Swansea rexeitou a invitación para participar nela. En 1996 deixou de participar na Welsh Cup.
Na tempada 2012/13, acada unha gran campaña con Michael Laudrup como DT, conseguindo conquistar a Copa da Liga de Inglaterra ó vencer na final 5-0 ó Bradford City, que militaba na Football League Two, cuarta división de Inglaterra. Isto representou o primeiro título do Swansea e o segundo dun club galés en competicións inglesas, xa que o Cardiff City gañara a FA Cup en 1927. Ademais, grazas a este logro, o Swansea logrou clasificar por vez primeira na súa historia nunha competición internacional, a UEFA Europa League 2013-14, competición na que debutou triunfando e eliminando primeiro ó Malmö FF de Suecia e logo ó Petrolul romanés en fases previas, para chegar a fase de grupos e debutar ante o Valencia CF, en Mestalla, goleando a domicilio por 0-3, con goles de Wilfried Bony, Michu e Jonathan de Guzmán.
Xogadores
- Categoría principal: Xogadores do Swansea City AFC.
Primeiro equipo
Datos do 18 de agosto de 2017
|
|
Sub 23
Datos do 22 de maio de 2017
Palmarés
Liga
- English third tier (actualmente Football League One): 1924–25, 1948–49, 2007–08
- English fourth tier (actualmente Football League Two): 1999–00
Copa
- Football League Cup: 2012–13
- Football League Trophy: 1993–94, 2005–06
- Welsh Cup: 1912–13, 1931–32, 1949–50, 1960–61, 1965–66, 1980–81, 1981–82, 1982–83, 1988–89, 1990–91
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.