From Wikipedia, the free encyclopedia
A Suíza italiana (en italiano: Svizzera Italiana, en alemán: Italienische Schweiz, en francés: Suisse italienne, en romanche: Svizra Italiana), é o conxunto de zonas de Suíza en que é usual o idioma italiano ou algúns dialectos alpinos da lingua lombarda.
A Suíza italiana comprende as seguintes áreas:
En total a extensión da Suíza Italiana é de aproximadamente 3.500 km², tendo cara ao ano 2000 unha poboación roldando os 400.000 habitantes dos cales 80.000 eran estranxeiros.
Os principais centros atópanse no cantón do Tesino e son:
Desde 1996 a poboación italófona de Suíza pode ter como referente unha universidade propia a Università della Svizzera italiana (Universidade da Suíza Italiana), con sede en Lugano e Mendrisio. O outro istituto de ensino superior nesta rexión é a Scuola Universitaria Professionale della Svizzera Italiana (Escola Universitaria Profesional da Suíza Italiana) con sede en Manno.
O principal aeroporto é o de Agno, aínda que o italiano de Milán (aeroporto internazionale di Milano Malpensa) é facilmente accesible.
Na Suíza Italiana existen desde hai décadas un sistema de radio e televisión en italiano, a televisión en italiano iniciou as súas transmisións en 1961. A RTSI (Radio e Televisión da Suíza Italiana) entre os 1960 e 1970 tiña moito público na Italia Setentrional porque emitía programas en cor moito antes que a RAI.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.