![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7d/The_giant_with_the_flaming_sword_by_Dollman.jpg/640px-The_giant_with_the_flaming_sword_by_Dollman.jpg&w=640&q=50)
Surtr
From Wikipedia, the free encyclopedia
Na mitoloxía nórdica, Surtr (ás veces chamado Surt ou Surtur; en nórdico antigo "negro" ou "o mouro") é un xigante de lume de Muspelheim.[1][2] Surtr aparece na Edda poética, compilación do século XIII a partir de fontes tradicionais máis temperás, e a Edda prosaica, escrita no século XIII por Snorri Sturluson. En ámbalas dúas fontes, Surtr é descrito como unha figura importante durante os acontecementos do Ragnarok; levando a súa espada de lume, irá á batalla contra os Æsir, loitará co principal deus Frey, e despois as súas chamas engulirán a Terra.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7d/The_giant_with_the_flaming_sword_by_Dollman.jpg/640px-The_giant_with_the_flaming_sword_by_Dollman.jpg)